Charla en Vigo 19/04/14 “Transxénicos en Arxentina, experimento global e resistencia local”

Dende o GAS e Verdegaia queremos convidarvos, o sábado 19 ás 20:00h, a palestra “Transxénicos en Arxentina, experimento global, resistencia local” no CSA a Cova dos Ratos, na rúa Romíl 3 Baixo en Vigo, a cargo da xornalista Lucia Maina.

transxénicos en arxentinaNa palestra afondarase na Produción de transxénicos na Arxentina que é o terceiro país produtor de transxénicos a nivel mundial , o denominado “boom da soia” iniciado na década dos ́90 converteu o seu territorio e a súa poboación no gran experimento do modelo agro-industrial .

Dúas décadas despois da súa implantación, as consecuencias deste modelo produtivo comezaron a facerse evidentes, sumindo a Arxentina nunha situación socio ambiental crítica en amplos territorios e despertando o mesmo tempo a resistencia da poboación fronte o avance do extractivismo.

Agardámoste!!

Palestra-presentación do programa Xanela Aberta 2014 de AMARANTE

O vindeiro venres 28 de febreiro, ás 20:00h, terá lugar no C.S.A. a Cova dos Ratos a palestra-presentación da XIII edición do Xanela Aberta. Asómate ao Cambio, da Asociación galega AMARANTE. Xanela Aberta é un programa de educación para o desenvolvemento que ten como finalidade promover unha conciencia crítica e transformadora sobre a realidade social, con xornadas formativas e viaxes para coñecer as loitas e resistencias de organizacións locais e internacionais, como o Movemento Sem Terra (Brasil), Attawassoul (Marrocos) ou MCCH (Ecuador).

Documento-1-páxina%0A%0Aexportación de páxina001

“AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.Entendemos que o modelo estrutural global é a causa das desigualdades entre as persoas e os pobos. Por iso, a nosa achega é favorecer relacións máis xustas e máis equitativas, que promovan a solidariedade, o consumo responsable e a cooperación.Procuramos facelo dende a implicación e a mobilización da cidadanía coa finalidade de construír un modelo galego de solidariedade vertebrado nunha sociedade civil máis crítica. As nosas ferramentas son a denuncia pública, a presión política, a sensibilización, a construción de alternativas e a cooperación en rede entre organizacións sociais, tanto locais como internacionais.”

Charla sobre a Lei de Seguridade Cidadá no C.S.A. a Cova dos Ratos

leireforma
 
 
Lei de Seguridade Cidadá, reforma do Código Penal, 
                                                                                    a min non me afectan…
                                                                                                                           Seguro?
 
Nun momento de ofensiva por parte do capital e a extrema dereita, a través do aparello do estado, contra os dereitos sociais e laborais adquiridos gracias á loita ao longo dos anos, é necesario recortar tamén dereitos e liberdades para blindarse fronte á protesta e a disidencia.
 
Esta lóxica é a que subxace baixo a nova reforma do código penal e a creación da chamada lei de seguridade cidadá.
 
Son polo tanto dúas normas deseñadas avanzar na estensión da represión, tanto cualitativa como cunatitativamente. Colectivos veciñais, estudiantís, feministas, militantes anticapitalistas, independentistas, ecoloxistas ou loitas en defensa de dereitos sociais como a saúde ou a vivenda, sindicais, ou incluso quenes se movilizan contra o roubo xeralizado da banca.  Todas somos inimigas e, polo tanto, obxecto de aplicación destas normas.
 
Por este motivo é necesario informarnos  a fondo e de primeira man do seu contido. Porque, incluso aínda que pensemos que non nos van afectar de xeito directo, representan un gran avance na perda de liberdades sociais que tarde ou cedo acabaremos padecendo, e marcan o camiño de cara a construcion dunha sociedade futura que non queremos nin imaxinar.
 
Convidámosvos polo tanto á charla sobre a nova lei de seguridade cidadá e a reforma do código penal  que terá lugar o sábado 15 de febreiro ás 20:00h na Cova dos Ratos, a cargo de Borxa Colmenero avogado penalista e membro de Esculca.
 
Organizan: GAS, S.R.I. e Cárcere=Tortura