Charla sobre os efectos sociais e ambientais da minería do ouro na C.S.A. a Cova dos Ratos

O vindeiro venres 28 de marzo, ás 20:30h, terá lugar no C.S.A. a Cova dos Ratos a palestra sobre os efectos sociais e ambientais da minería do ouro máis a presentación do libro “El oro de Salave. Minería, especulación y resistencia”  a cargo de Charlie Patillas, membro da Plataforma ORO NO e veciño de Tapia. Agardámoste!!

Charla ORONO Cartaz

Palestra de Josep Mª Roselló “O Pensamento Naturista Hispano Contra a Civilización, O Progreso e a Ciencia.”

O vindeiro sábado 22 de febreiro ás 20:30h, falará Josep María Roselló (autor dos bros “La vuelta a la naturaleza” e “Viva la naturaleza”) sobre o “Pensamento Naturista Hispano Contra a Civilización, O Progreso e a Ciencia” no C.S.A. a Cova dos Ratos. Agardámoste!

naturismo5-1 (1)

A finais do século XIX, na Francia do positivismo científico e do auxe do desenvolvemento capitalista xorden, entre os libertarios, os naturien, un movemento que ensalza a natureza e denigra a civilización, pondo en práctica formas de vida acordes ao seu pensamento.

No territorio hispano tamén triunfaron estas ideas, cristalizando en diferentes correntes como o naturismo libertario, a trofoloxía, o vexetarianismo naturista e social e a librecultura, presentes tamén na nosa cidade.
Achegarémonos con esta charla a esta parte da nosa historia recente, pioneira na crítica ao desarrollismo, e polo tanto plenamente vixente.

Organizan: Lapsus e GAS.

Palestra: Nais contra a impunidade

O vindeiro 23 de novembro, ás 17:00h, contaremos no C.S.A. a Cova dos Ratos cunha palestra da nais contra a impunidade, asociación co fin de denunciar torturas, malos tratos e vulneración dos dereitos humanos nas cárceres do estado.

1421293_456229721154809_231639280_o

Deixamos aquí mais info sobre a asociación nais contra a impunidade

“¡¡¡Fronte á impunidade de quenes abusan d@s nos@s fill@s, e fronte á ineficacia dun sistema carcelario cruel e inhumano!!!. ¡¡¡NAIS CONTRA A IMPUNIDADE!!!.”

C.S.A. a Cova dos Ratos.
Rúa Romil nº3 (baixo) 36202
Vigo -Galiza