Presentación do poemario “Billetes Transportan Mensajes”

O vindeiro sábado 26, ás 21:00h en a Cova dos Ratos, presentación do libro “Billetes transportan mensajes” cos seus poemas experimentais, políticos e breves de Julio Fernández Peláez.

JULIO FERNÁNDEZ PELÁEZ

(1963) Autor das obras teatrais: “Filamentos de tiempo” (Ediciones Irreverentes, 2011), “Esgotar os ollos” e “O chapeu do indixente” (Estaleiro, 2012), Ananké (Episkenión, 2013) e Cielo naranja (Dédalo, 2013). Finalista no IV Concurso de Dramaturgia “La Jarra Azul”. Dende principios dos 90 traballa no ámbito teatral como escenógrafo, director e dramaturgo. Na actualidade dirixe a revista Núa e a compañía AnómicoTeatro.

Publicou as novelas: “La risa del conejo”, “La losa baila el agua”, “K-mandra” , “la velocidad de los sueños” e “Gomas de borrar resplandores”, ademais dos poemarios: “1 + 1 tendiendo a 2” e “Billetes transportan mensajes”. Participou nas antoloxías de narrativa de “Ediciones Irreverentes Hiroshima”, “Truman”, “El hombre que se ríe de todo”, “Asesinatos profilácticos” e “Microantología del Microrrelato III.”

presentación-a-cova-billetes (1)

Advertisements