Socixs

Unha das maneiras de participar dentro do proxecto, ademais de poder facer actividades, obradoiros, palestras, concertos, achegándote a través dun colectivo ou implicándote co teu tempo no desenvolvemento e na autoxestión do local, é fancéndote socix do C.S.A. a Cova dos Ratos. Para facer isto existe unha cota mínima de 15 euros ao ano, polo cal pasarás a formar parte da lista de socixs do centro social.

Que vantaxas ten ser socias do local?

– Poderás facer uso do préstamos de libros da biblioteca da Cova dos Ratos.
– Terás un carné de menú para selar con cada xantar, de tal forma que tras oito xantares o noveno sairache de balde.
– Recibirás por correo electrónico todas as novidades do C.S.A. e toda a información sobre os obradoiros, palestras, actuacións, festas e demáis actividades que se desenvolvan no centro social.

Achégate polo local!

Deixar un comentario