venres 28 de abril as 21 horas, presentación do libro “Polifonia amorosa” de Laura Latorre Hernando

Cartel Polifonía Amorosa“Repensar o amor. A arte de relacionarse”. Presentación do libro: Polifonía Amorosa, de Laura Latorre Hernando. Vernes 28 de Abril ás 21h.

Este é un libro que narra diferentes experiencias amorosas de persoas que se tentan afastar da violencia e explorar prácticas máis libres nas súas relacións. Un libro de fición baseado en relatos extraídos de entrevistas realizadas en Madrid, Cidade de México, Oaxaca, San Salvador, Cidade de Guatemala, Bogotá, Montreal e Bos Aires. Nun mundo onde a idealización, os mitos e a violencia baleiraron de sentido palabras como amor, liberdade, relación ou cidadán, esta recopilación pretende mostrar os desexos, dores, emocións e contradicións que atravesan as nosas relacións reais. É un conxunto heteroxéneo de historias escritas empregando diferentes xéneros literarios: cartas, relatos, conversacións, monólogos…, e que respeta a lingua vernácula das personas entrevistadas. Unha interesante incursión ó difícil arte de relacionarse. Polifonía amorosa é o froito tanto das miñas experiencias persoais como profesionais. É o resultado dunha escoita moi atenta, xa sexa nas entrevistas que realicei e nos obradoiros que facilitei, como nos milleiros de conversas sobre o amor que mantiven coas miñas amizades.

Laura Latorre Hernando. Diplomada en Educación Social e en Terapia Narrativa. A súa traxectoria profesional encamiñouse cara a intervención, dende unha perspectiva feminista, para cuestionar e erradicar a violencia contra as mulleres. Nos últimos años dedicouse a facilitar espazos formativos para repensar o amor e desfiar a violencia das relacións tanto en México como en Uruguai, Chile e Arxentina.

Advertisements