A bagunda na cova e outros versos e imaxes

Aquí vos deixamos as agarimosas palabras do noso amigo coveiro Manolo Pipas, que xuntou durante o concerto de A Bagunda o pasado 19 de decembro na Cova dos Ratos, e creou estes xeitosos versos:

miñas donas meus señores 
arte nativa a bagunda 
de bouzas a lavadores
esta música profunda 

cordas vento percusión
quinteto republicano 
outra vez de foliada
aki na cova dos ratos 

neste jarito vegano 
un pelexo en repenique 
pero compas estar tranquis 
que é de coiro de cacique 

eles voltan dunha xira 
novamente no palquiño 
a bagunda non se vende
ben que di o estribillo

versos rematados 
no concerto e lidos logo 
na barra na intimidade 

o cronista

bagunda

Festa hortera 2014 e 15 aniversario da Cova.

Este vindeiro 5 de xaneiro non te perdas a Festa Hortera 2014 pola autoxestión na Cova dos Ratos. Ademais imos celebrar os 15 anos do centro social… Pode haber mellor maneira para comezar o ano? Como di Ana Kiro: “esmorga hortera pola autoxestión? Eu non ma perdo!!!”

Durante a noite máis hortera do ano no local haberá:

– Concurso de disfraces horteras (autoxestiónate o disfraz máis hortera que poidas)
– Exposición de fotos antigas da Cova dos Ratos.
– Fotocall.
– Karaoke.
– Tarta de aniversario vegana.
– e moitas sorpresas máis!! ademais de música hortera para non deixar de mover os ósos.

E por certo, se tes fotos antigas deste últimos 15 anos da Cova traeas a festa e participa na exposición colaborativa. Levarás un chipinho de licorka de balde.

festa hortera-páxina%0A%0Aexportación de páxina001

Agardámoste o 5 de xaneiro, a partires das 21:00h, coas nosas galas mais horteras!!

Proxección do documental “Potas, tixolas e outras solucións”

O xoves 26 de decembro, ás 20:00h, o grupo (contra)discurso de ECOAR proxectará o documental “Potas, tixolas e outras solucións” (inglés , con subtitulos en castelán; 64 min.) no C.S.A. a Cova dos Ratos.

O documental dirixido polo portugués asentando en Islandia Miguel Marques, fai, a partir de entrevistas feitas no 2012 a algunhas da participantes na “primaveira islandesa”, unha retrospectiva panorámica sobre as formas de participación politica acontecidas en Islandia trala crise financieira do 2008.

O filme permitiranos reflexionar sobre as posibles formas de afrontar a participación política dun xeito rupturista coas institucións establecidas dun xeito  horizontal e pacífico.

Trala proxección abrirase un debate sobre estas cuestións.

docuecoarLigazón do evento en ECOARhttp://ecoar.eu/ai1ec_event/2710-2/?instance_id=650

Obradoiros de fotografía básica na Cova dos Ratos

Os vindeiros sábados 11, 18 e 25 de xaneiro, ás 19:30h, terán lugar os obradoiros de fotografía básica no C.S.A. a Cova dos Ratos. Aquí vos deixamos o cartaz con toda a información dos obradoiros.

cartelbarreirofinal (3)

Os obradoiros terán un bote comunitario para que cada quen aporte o que queira ou poida e non haberá número limitado de prazas. Achégate polo centro social!

Agardámoste!!!

Presentación do libro “Por qué No nos Dejan Hacer en la Calle?”

Presentación do novo libro “Por qué No nos Dejan Hacer en la Calle?” do Grupo de Estudios Antropolóxicos “La Corrala” de Granada no C.S.A. a Cova dos Ratos. Terá lugar o vindeiro venres 27 de decembro ás 20:00h.

[Sobre as prácticas de control social e privatización dos espazos na cidade capitalista.]

Contaremos coa presenza de Juan Rodríguez Medela coautor do texto.

“Democracia, ciudadanía y espacio público son conceptos que en el discurso político habitualmente se entrecruzan y sustentan la apropiación por parte de los municipios, de normativas que pretenden fomentar y garantizar la convivencia ciudadana en el espacio público. Ordenanzas municipales que traen consigo dinámicas que lejos están de contribuir al objetivo que dicen perseguir, como la progresiva privatización del espacio público y el control social de la población.

Dinámicas que se integran en un modelo de ciudad centrado en la imagen y en el potencial turístico; una ciudad individualista, capitalista y segregadora; una ciudad que obstaculiza el encuentro de las personas que la habitan; una ciudad en la que no se vive, se sobrevive. Y una de las formas de conseguirlo es, precisamente, naturalizando una vida cada vez más regulada.ç Este fenómeno internacional presente en las grandes capitales mundiales (Nueva York, Londres…), se ha ido extendiendo por el territorio del Estado a partir de la aprobación pionera de la normativa en Barcelona en el año 2006. No sólo ha ido proliferando esta iniciativa en grandes y medianas ciudades como Burgos (2007), Sevilla (2008), Ávila (2008), Vigo (2009), Guadalajara (2009), Málaga (2010), Bilbao (2010), Alcalá de Henares (2010), Albacete (2011), Alicante (2011), Gijón (2012), Palma de Mallorca (2012), sino también en pueblos como Guillena (2011), Tui (2012), Collado Villalba (2012), Cangas (2013), etc. La dinámica expansiva no cesa, estando ya en proceso de elaboración y aprobación en ciudades como Madrid y Murcia.

A partir del caso concreto de Granada, en este libro podrás encontrar el proceso por el cual mecanismos como la ordenación de la convivencia ciudadana inciden en las dinámicas de control de la ciudadanía, en la progresiva privatización de espacios que supuestamente son públicos, además de contribuir, entre otras cuestiones, a aumentar la brecha social existentes entre unos sectores de población y otros.”

ORGANIZAN: Grupo de axitación Social e Lapsus (Punto de venda de materiais críticos).

Charla Corrala 27-12-13

III Obradoiro de cociña vegana na Cova dos Ratos

O vindeiro sábado 28 de decembro, ás 10:30h, terá lugar o 3º obradoiro de cociña vegana no C.S.A. a Cova Dos Ratos. Neste novo obradoiro aprenderemos a facer:

– Tortilla de patacas.
– Lasaña de verduriñas con ensalada de froitos secos.
– Biscoito de cenoria.

O curso non ten prezo fixo, mais haberá un bote de colaboración para que cada quén aporte o que crea oportuno. Todo o diñeiro recadado ira destinado a proxectos culturais e autoxestionados da Cova dos Ratos. Lembrar que cómpre ser puntuais (10:30h) e que, á hora do xantar (14:00-14:30h), probaremos entre todas as que asistimos ao obradoiro os ricos pratos que cociñemos. Animádevos a facer ricos pratos sen explotación  e  sen sufrimento animal. Tedes ate o martes 24 de decembro para anotarvos:

   – dirección de correo: omonstruodasghalletas@hotmail.com

   – nº teléfono: 636 631 966

Se algunha queda fóra, non vos preocupedes que haberá máis obradoiros ó longo do curso. Tentaremos, na medida do posible e apartir do vindeiro obradoiro, que as persoas que quedan fóra se avisen con prioridade pra ó seguinte, así todas poderemos participar.

Un saúdo,

A Cova Dos Ratos

IIIOBRADOIRO