Festa hortera 2014 e 15 aniversario da Cova.

Este vindeiro 5 de xaneiro non te perdas a Festa Hortera 2014 pola autoxestión na Cova dos Ratos. Ademais imos celebrar os 15 anos do centro social… Pode haber mellor maneira para comezar o ano? Como di Ana Kiro: “esmorga hortera pola autoxestión? Eu non ma perdo!!!”

Durante a noite máis hortera do ano no local haberá:

– Concurso de disfraces horteras (autoxestiónate o disfraz máis hortera que poidas)
– Exposición de fotos antigas da Cova dos Ratos.
– Fotocall.
– Karaoke.
– Tarta de aniversario vegana.
– e moitas sorpresas máis!! ademais de música hortera para non deixar de mover os ósos.

E por certo, se tes fotos antigas deste últimos 15 anos da Cova traeas a festa e participa na exposición colaborativa. Levarás un chipinho de licorka de balde.

festa hortera-páxina%0A%0Aexportación de páxina001

Agardámoste o 5 de xaneiro, a partires das 21:00h, coas nosas galas mais horteras!!

Advertisements