Concerto deDiogenes dos Bosques e Nossis de Locri

Cartaz Cova

Venres 21 de Agosto as 21:30.

Diógenes dos Bosques é un guitarrista Galego residente en Nigrán, ben coñecido por tocar nas rúas de cidades como Porto, Baiona, Vigo, Pontevedra ou Santiago de Compostela.
escoita aqui as suas músicas

Nossis de Locri é unha vocalista italo-arxentino-arousana residente en Compostela. Ambos participaron en diferentes proxectos na Galiza.

No ano 2010 formaron o duo Anaidomel , interpretando músicas de composición conxunta e tamén algunhas versións, sempre dentro do seu estilo profundo, espiritual e visceral.

Despois de manterse separados por motivos de residencia, deciden na primavera de 2015 xuntar de novo as súas forzas. Fruto deste reencontro actuarán o próximo fin de semana en Vigo (venres 21) e no Val Miñor (domingo 23),iniciando na Cova dos Ratos esta pequena xira.

Advertisements