Horarios de verán

A partires do próxima semana a Cova dos Ratos adopta o horario de verán, retrasamos a nosa hora de apertura polas tardes ás 20 hrs. Quedando o horario do local do seguinte xeito:
Luns de 11 a 16:30
De martes a xoves: de 11 a 16:30, e de 20 a 00
Venres: de 11 a 16:30, e de 20 a 01
Sábados: de 12 a 16:30, e de 20 a 01
Festivos consultar no local e nos medios web

Presentación: “A batalla das pensións” de Xabier P. Davila

cartaz batallaO próximo venres 30 de maio ás 20:00h no Centro Social A Cova dos Ratos de Vigo (Rúa Romil 3) presentarase o libro “A BATALLA POLAS PENSIÓNS (1981-2013) De como a clase capitalista quere privatizar os bens comúns e de como as clases traballadoras se opoñen. de Xabier Pérez Dávila. O acto contará coa presenza do autor e de Miguel Mosqueira en representación de Estaleiro Editora.

“Os medios de persuasión de masas difunden sen descanso a verdade incontestável. As sociedades europeas non se poden permitir o mantemento de onerosos sistemas de protección social.

No entanto, existe unha narración alternativa. Os sistemas de protección social, como o recoñecemento dos dereitos das mulleres, ou como a acumulación do coñecemento científico, son conquistas da civilización humana, irrenunciábeis, que deben ser estendidas a toda humanidade. A capacidade produtiva das sociedades humanas é incomparabelmente superior á de ningunha outra época. Porén, é o capitalismo financeirizado o que ameaza a viabilidade dos sistemas de pensións públicos. É o capitalismo financeirizado o que aumenta de xeito exponencial a inestabilidade dos sistema económico someténdoo a recorrentes crises financeiras. Estabelecer o benestar común é posíbel, mais incompatíbel coa financeirización. E, tendencialmente, tamén incompatível co capitalismo”.

 

Charla-debate sobre as Eleccións Europeas e a Abstención Activa

21mayocharla No contexto da súa campaña abstencionista perante as eleccións europeas, o grupo de Acción Directa FAI, levará a cabo unha charla-debate sobre os seguintes puntos: a Historia de la UE,  a Consolidación Capitalista, a  Crise, a Débeda e unha Perspectiva Libertaria.

Repartiranse materiais da Internacional de Federacións Anarquista, sobre este tema europeo.

Será o vindeiro mércores 21 de Maio na Cova dos Ratos.

Presentación do nº 4 da revista “La Madeja”/”Amores”

cartaz la madeja

Há algum lugar más comum e coletivo que o amor? Qual é a linguagem dos amores?

A partir destes interrogantes as companheiras do coletivo Cambalache (Asturies) desafiam-nos a re-pensar os amores no último número da revista feminista La Madeja.

Entusiasmadas com um tema que leva algum tempo fervilhando nas nossas conversas, debates e experimentos políticos-pessoais, algumas mulheres animamo-nos a organizar de jeito auto-gerido uma gira de apresentaçao do último número desta revista. O nosso objetivo é alimentar a nossa busca coletiva por jeitos diferentes e mais saudáveis de amar e ser amadas, e avançar na construçao política de práticas que se afastem da sólida e quase inamovível estrutura do “Amor”.

Convidamo-vos a partilhar conosco as vossas impressoes, dúvidas e sentires sobre os amores nas atividades que programamos para esta gira das compas asturianas

1º aniversario revista “semaforo en rogho”; presentación nº fi

Nesta ocasión falaremos sobre o número 5, o mesmo número de puntas que ten a estrela… o número de dedos que temos na man…
E tamén aproveitaremos para falar da revista Semáforo 2.N. Rogho, que aparece cun novo exemplar: o número FI, o quinto dunha serie

Unha nova proposta artística, cultural e política que ven da man de RenaRenato, artista de rúa e creativo.

Unha nova revista auto-editada co calificativo de matemática.
Novas ideas e pensamentos para facernos a vida máis divertida…e mellor!
Ven a conhecer outra forma de pensar.
CONVITE 1ANIVERSARIO COVA