Xantar en prol de Carcere=Tortura

Sábado 21 ás 14:30, como de costume, xantar popular en prol da campaña “Cárcere=Tortura”. 3,5 € 1º e 2º, pan e postre.

10982181_405965252911355_8758615923769556674_n

Advertisements

A Cova dos Ratos denuncia ante as autoridades á propiedade do Barrio do Cura

A Cova dos Ratos (a través do nome dunha das súas socias) denunciou ante ás autoridades o grave abandono e detorio no que ten a propiedade ao Barrio do Cura. Este abandono crónico  conlevou que, durante os temporais do outono de 2014,  o esboraemento de boa parte dos perpiaños dunha das súas partes máis belas, valiosas e recoñecidas: o conxunto de vivendas populares dos números 10,11,12 e 13.

derrube bdcO derrube no seu estado no mes de novembro

Seguir lendo

Hildegardt na Cova dos Ratos

As Ghatas Salvaxes [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] organizan xunto co C.S.A “A Cova Dos Ratos” e o Ateneo Ferrolán Hildegart, retrospectiva arredor da figura de Hildegart Rodriguez Carballeira. A actividade terá lugar no C.S.A “A Cova Dos Ratos” e contará cos seguintes eventos:
Exposición Permanente e Punto de venta de libros, do 12 de Febreiro ó 12 de Marzo
Acto de inauguración, xoves 12 de Febreiro ás 20h a cargo de Fernando Rivera, Bibliotecario do Ateneo, que nos falará do interese e obxectivos da exposición, así como do traballo desenvolto durante estes anos polo Ateneo e a situación de risco que se atopan na actualidade para levar a cabo as súas actividades.
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” [Cine Forum], xoves 19 de Febreiro ás 20:30h Mi Hija Hildegart (1977, Fernando Fernán Gómez)
Conferencia Acto de clausura, a cargo de Jose Mnuel Pelaez [por confirmar]
hildegartproxeccións as ghatas salvaxes