Ciclo de documentais de Febreiro

Nos martes restantes do mes de Febreiro, as 21:15, proxectaranse unha serie de documentais relacionados con diversos temas:

  • Martes 9.  Audicion do radio-teatro ‘Pum Pum. Quien es? La Policia’. Obra realizada pola companhia ‘Titeres desde abajo’. Recentemente detidos en Madrid acusados de ‘apoloxia do terrorismo’, cando realizaban unha actuacion de critica e satira pondo de manifesto os mecanismos que emplea o Estado para reprimir as persoas que loitan.
  • Martes 16. Proxeccion do documentario ‘La noche tematica. Comida irradiada’. E un dos segredos mellor guardados da industria alimentaria: nuggets, salchichas de polo, legumes, froita tropical,…alguns dos nosos alimentos son irradiados (Hoxe en dia a comida envasada e irradiada en todo o mundo). Oficialmente faise polo noso ben: a radioactividade e eficaz para matar bacterias. Pero esta tecnoloxia pode ter efectos secundarios para a saude.
  • Martes 23. Proxeccion do documentario ‘Food matters’. Entrevistas a medicos, cientificos, nutricionistas, naturopatas e periodistas, no que se exponhen a importancia da nutricion como base da saude e como principio de sanacion da enfermidade, ademais de cuestionar a industria farmaceutica.

escanear0001

Charla Informativa Peche Zoo Vigo.

O sabado 16 de Xaneiro as 19:30, xuntaremos en Cova para falar do futuro do noso vergonhento zoo municipal.

“Buscamos a reconversión do ZOO de Vigo mediante a presentación dun proxecto acompañado de recollida de asinaturas. O fin da charla informativa é tamén obter ideas, suxerencias, participación, etc….”

Para mais info contactade en nonvigozoo@gmail.com e no facebook de cierre ZOO VIGO

CHARLAZOO

 

Ciclo de charlas sobre patrimonio cultural.

No mes de Decembro, na Cova dos Ratos teremos celebrarase un interesantisimo ciclo de charlas sobre diferenres aspectos do noso patrimonio historico.

Tres dias, tres ponentes, tres aspectos:

mercores 16, Xose Lois Vilar, ‘A Defensa do Patrimonio’

xoves 17,  Alberto Romero, ‘Muinhos e Muinhadas’

venres 18, Xavier Groba ,‘A Musica: Patrimonio Inmaterial Galego’

(todos os dias as 20:30)

Charlas Cova (2)

 

Hildegardt na Cova dos Ratos

As Ghatas Salvaxes [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] organizan xunto co C.S.A “A Cova Dos Ratos” e o Ateneo Ferrolán Hildegart, retrospectiva arredor da figura de Hildegart Rodriguez Carballeira. A actividade terá lugar no C.S.A “A Cova Dos Ratos” e contará cos seguintes eventos:
Exposición Permanente e Punto de venta de libros, do 12 de Febreiro ó 12 de Marzo
Acto de inauguración, xoves 12 de Febreiro ás 20h a cargo de Fernando Rivera, Bibliotecario do Ateneo, que nos falará do interese e obxectivos da exposición, así como do traballo desenvolto durante estes anos polo Ateneo e a situación de risco que se atopan na actualidade para levar a cabo as súas actividades.
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” [Cine Forum], xoves 19 de Febreiro ás 20:30h Mi Hija Hildegart (1977, Fernando Fernán Gómez)
Conferencia Acto de clausura, a cargo de Jose Mnuel Pelaez [por confirmar]
hildegartproxeccións as ghatas salvaxes

Charla sobre Bioneuroemoción, a cargo de Mónica Clemente

Martes 2 de decembro ás 21h celebrarase unha charla sobre Bioneuroemoción, a cargo de Mónica Clemente.

A BioNeuroEmoción (BNE) é un método de investigación cuxo obxectivo é: encontrar as claves emocionais, identificar a emoción Oculta que subxacer detrás de todo comportamento disonante, expresado en formas de condutas antisociais, violencia, adiccións e síntomas físicos chamados enfermidades.A BioNeuroEmoción é un método que permite optimizar os tratamentos que calquera cliente recibe, sexan alopáticos, complementarios ou tradicionais.

A BioNeuroEmoción estuda a partir da desadaptación e a sintomatoloxía das enfermidades, os programas biolóxicos que a natureza ten para adaptarse ao medio. Traballa sobre a desaprendizaxe e a posterior aprendizaxe. Como o fai? utilizando a metodoloxía da PNL(Programación Neurolingüística), La Hipnosis Ericksoniana, El Transgeneracional, El Proyecto Sentido e Los Ciclos Biológicos Memorizados.

A BioNeuroEmoción é a arte de acompañar á persoa a encontrar a emoción oculta, a que se acha asociada ao síntoma (a enfermidade ou disonancia conductual) e o sentido que ten dende a historia persoal, familiar e transxeracional, para facela consciente e así a poder tratar mediante técnicas de desaprendizaxe e así favorecer a curación mediante a liberación da emoción que hai no inconsciente e transcender a devandita emoción transformándoa.

A BioNeuroEmoción pretende levar a persoa que se encontra enferma ao seguinte paradigma: Que é o que me levou aquí? Parafraseando a Georg Groddeck: cal é o propósito da enfermidade? Esta pregunta ten o propósito de facer renunciar ao cliente a idea de que son vítimas e levalos ao que nós chamamos madureza emocional.


En que se fundamenta?
O estudo da BioNeuroEmoción apóiase na experiencia de numerosos investigadores e practicantes como: Groddeck, María Torok, Josephine Hilgard, Nicolas Abraham, Monique Bydlowski, Hamer, Anne Schtzenberger, Marc Fréchet, demostrado que as enfermidades non existen como tales senón que se trata de programas biolóxicos cargados de sentido. A enfermidade é un programa biolóxico de supervivencia para adaptarse a situacións de impacto emocional, froito dos conflitos, que afectan a todo ser vivo.

A BNE integra os avances que diferentes ciencias obtiveron ata o momento, propiciando así o coñecemento da relación entre as emocións e o seu impacto no funcionamento biolóxico do ser humano e, polo tanto a influencia na súa calidade de vida.

A BNE expresa dun xeito máis precisa a relación entre as emocións inconscientes, o impacto que estas teñen na bioloxía e en consecuencia, na calidade de vida do individuo e o seu benestar.

Notas importantes

A BioNeuroEmoción non é unha terapia mais nin se pode englobar en ningún tipo de medicina ou técnica, non obstante está ao servizo de todas.

A BioNeuroEmoción pódese mesturar con todo e nada con ela, está o servizo de todas as terapias, polo que fai mellor a calquera terapeuta.

cartel de la cova  2