O sábado 28, día da Reconquista a Cova descansa

Pois iso, o sábado 28 de marzo a Cova non abrirá as súas portas como acostuma o sábado.

Vémonos o luns a hora de comer!

 

Advertisements

Proxección “Ghatas Salvaxes”: “Women Art Revolution: a formely Secret History”

O xoves 19 de Marzo ás 20:30h no C.S.A “A Cova Dos Ratos” arrinca a 3ª das Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” desta volta conWomen Art Revolution: a formerly Secret History, filme documental que percorre a evolución do movemento artístico feminista nado nos EE.UU no transcurso da década dos 60′. A súa directora, Lynn Hershman Leeson, partícipe activa deste movemento, a través de entrevistas íntimas, obras de arte provocadoras e fragmentos de video raramente vistos ate o momento, conéctanos directamente co que moitas historiadoras consideran o movemento artístico máis significativo de finais do século XX. Women Art Revolution presentouse en Xaneiro de 2011 Festival de Cine de Sundance, baixo a sección New Frontier, e forma parte dun proxecto de transmedia que inclúe unha instalación e a creación dunha páxina web [http://www.womenartrevolution.com/]

Proxeccion-Ghatas-Marzo