Charla sobre Bioneuroemoción, a cargo de Mónica Clemente

Martes 2 de decembro ás 21h celebrarase unha charla sobre Bioneuroemoción, a cargo de Mónica Clemente.

A BioNeuroEmoción (BNE) é un método de investigación cuxo obxectivo é: encontrar as claves emocionais, identificar a emoción Oculta que subxacer detrás de todo comportamento disonante, expresado en formas de condutas antisociais, violencia, adiccións e síntomas físicos chamados enfermidades.A BioNeuroEmoción é un método que permite optimizar os tratamentos que calquera cliente recibe, sexan alopáticos, complementarios ou tradicionais.

A BioNeuroEmoción estuda a partir da desadaptación e a sintomatoloxía das enfermidades, os programas biolóxicos que a natureza ten para adaptarse ao medio. Traballa sobre a desaprendizaxe e a posterior aprendizaxe. Como o fai? utilizando a metodoloxía da PNL(Programación Neurolingüística), La Hipnosis Ericksoniana, El Transgeneracional, El Proyecto Sentido e Los Ciclos Biológicos Memorizados.

A BioNeuroEmoción é a arte de acompañar á persoa a encontrar a emoción oculta, a que se acha asociada ao síntoma (a enfermidade ou disonancia conductual) e o sentido que ten dende a historia persoal, familiar e transxeracional, para facela consciente e así a poder tratar mediante técnicas de desaprendizaxe e así favorecer a curación mediante a liberación da emoción que hai no inconsciente e transcender a devandita emoción transformándoa.

A BioNeuroEmoción pretende levar a persoa que se encontra enferma ao seguinte paradigma: Que é o que me levou aquí? Parafraseando a Georg Groddeck: cal é o propósito da enfermidade? Esta pregunta ten o propósito de facer renunciar ao cliente a idea de que son vítimas e levalos ao que nós chamamos madureza emocional.


En que se fundamenta?
O estudo da BioNeuroEmoción apóiase na experiencia de numerosos investigadores e practicantes como: Groddeck, María Torok, Josephine Hilgard, Nicolas Abraham, Monique Bydlowski, Hamer, Anne Schtzenberger, Marc Fréchet, demostrado que as enfermidades non existen como tales senón que se trata de programas biolóxicos cargados de sentido. A enfermidade é un programa biolóxico de supervivencia para adaptarse a situacións de impacto emocional, froito dos conflitos, que afectan a todo ser vivo.

A BNE integra os avances que diferentes ciencias obtiveron ata o momento, propiciando así o coñecemento da relación entre as emocións e o seu impacto no funcionamento biolóxico do ser humano e, polo tanto a influencia na súa calidade de vida.

A BNE expresa dun xeito máis precisa a relación entre as emocións inconscientes, o impacto que estas teñen na bioloxía e en consecuencia, na calidade de vida do individuo e o seu benestar.

Notas importantes

A BioNeuroEmoción non é unha terapia mais nin se pode englobar en ningún tipo de medicina ou técnica, non obstante está ao servizo de todas.

A BioNeuroEmoción pódese mesturar con todo e nada con ela, está o servizo de todas as terapias, polo que fai mellor a calquera terapeuta.

cartel de la cova  2

“O feminismo precisa de todas”

DEF
A “Assembleia Feminista Galega”, que em xullo do 2014 saiu á rua por primeira vez, fará unha presentación o sábado 22 de novembro no C.S.A “A Cova Dos Ratos”, baixo o título “O feminismo precisa de todas”.
As compañeiras Olaia Chaves e Helena Embade lerán un manifesto, que tratará sobre o que somos, como nos organizamos e o porque da asemblea. Todo isto com umha breve montaxe de fotos das accións feitas até o mes de outubro.
Reivindicamos ante todo o feito de nos autoorganizar para combater un sistema hetero-patriarcal que nos oprime e nos asasina polo simple feito de sermos mulleres.
Por iso e por muitos máis motivos, “O feminismo precisa de todas”, é unha mensaxe clara e concisa que lanzamos a todas as mozas e mulleres que ainda non están na luita para que se animen e se unan a nós.
Acode e participa!
AVANTE A LUITA FEMINISTA GALEGA!