Sesions de meditacion

Todxs sabemos dos beneficios que nos proporciona esta milenaria práctica, e aínda así… como se fai? como comezo? onde? cando?
Todos os xoves, de 9:30 a 11:00 da manhá, estaremos na Cova, resolvendo dúbidas e meditando.
Se estades interesadxs, non dubidedes en acudir 😉
CARTAZmeditaciónCOVA

 

Obradoiro de bici

O vindeiro sabado 24 de outubro, Uxio Reinoso, coveiro e bicimensaxeiro, facilitara un ‘obradoiro de bici’ na Cova dos Ratos.

O obradoiro comezara as 11:30 horas e esta pensado para durar algo menos de 2 horas (isto dependera do rapido que arranxemos as rodas).

Cun nivel basico e un ton participativo e reflexivo abordaranse diferentes aspectos teoricos e practicos para a vida en bici:

  • Anatomia da bici (partes e nomes basicos da bici, con especial atencion a roda)
  • Principios e normas de circulacion (ergonomia, diferentes xeitos de circular, como moverse e circular en Vigo, normativa actual,…)
  • A bici como escudo e arma (xogaremos aos polis e cacos coas bicis)
  • Arranxar un pinchazo (truquinhos e consellos da mecanica das rodas… en particular faremos a practica de arranxar un pinchazo)….traete a tua propia camara  pinchada!!!

Notas:

  • Prazas ata cubrir aforo na Cova (20 persoas, 10 bicis)
  • En caso de bo tempo, depois dos dous primeiros puntos mais teoricos, mudaremonos a praza do Concello para facer os ourros dous.
  • Evidentemente e aconsellable traerte a tua propia bici, pero, en caso de mal tempo, como na Cova non poden entrar mais de 10 bicis existe a posibilidade de que non a podas empregrar na parte practica do obradoiro (enton dependera da orde de chegada)

obradoiro bici

 

 

Clases de debuxo para crianzas e maiores

A partir do mércores 9 de setembro, todos os mércores teremos clases de DEBUXO na Cova dos Ratos.

+ A partir das 18h (ata as 19:30) será o turno d*s máis pequen*s. A partir dos 7anos, ademáis de debuxar, tamén pintaremos, cantaremos, xogaremos e sen tempo para aburrirnos, pasarémolo en grande!
 
+ Máis tarde, de 20 a 22h, descubriremos e exploraremos as capacidades de expresión propias e alleas, no grupo de debuxo de MAIORES. Debuxo libre, simbólico, realista e todo o que se nos ocurra é posible.
 

O prezo de cada clase é unha aportación voluntaria.

Para máis información ou calquera tipo de dúbidas, podedes contactar co profe a través do 686 318 740 (Renato)
received_10153529573343617

 

XI Obradoiro de Cociña

Obradoiro de Cociña Vegana “A Cova Dos Ratos”
Arrincamos o ano co “XI Obradoiro de Cociña” pra seguir aprendendo e compartindo entre todas as moi variadas delicias da cociña vegana. Será o vindeiro Sábado 31 de Xaneiro por volta das 10:50h no C.S.A “A Cova Dos Ratos”. Toda persoa interesada pode solicitar a súa praza dende xa ate o Mércores 28 de Xaneiro [ver contacto no cartaz]
obradoiro xaneiro

Obradoiro de guitarra

A partir do sábado 10 de Xaneiro comezan os obradoiros de guitarra na Cova dos Ratos. Os obradoiros celebránse un de cada dous sábado (haberá pois o: 10xan, 24xan, 7feb, 21 feb, 7mar, 21 mar, 4 abr,…)

Como de costume, prégase colaboración voluntaria coa monitora.

Máis info en yaizaonce@gmail.com

guitarra