Xantares populares

De luns a venres por 7,5€ (inclúe bebida mais cafe, infusión ou postre) podes atopar menu diario vegano para xantar, ou ben a ópción de medio menú por 5€. Polas noites, de martes a sábado, poderás desfrutar de pratos, bocatas e petiscos 100% veganos.

Ademáis, nos seguintes sábados ao mediodía celébranse os seguintes xantares populares (unha única quenda ás 14:30) por 3,5€ (bebidas aparte) a prol de diversos colectivos que actúan na contorna de Vigo.

1º Sábado: Protectora de animais sen fronteiras

2º Sábado: Revista A Boia.

3º Sábado: Campaña Cárcere=Tortura

xantares

Deixar un comentario