Exposición conxunta de cartaces da guerra civil na Cova dos Ratos e no Bou Eva

A partires do vindeiro sábado 1 de febreiro podedes desfrutar na Cova dos Ratos dunha parte da exposición conxunta coa A.c. Bou Eva sobre cartaces da guerra civil. Ficamos moi contentas de xerar tecido asociativo entre os diferentes centros sociais da cidade de Vigo. Agardámovos por ámbolos dous centros sociais.

cartel expo

Advertisements

Proxección + coloquio do documental “Con etiqueta”

O vindeiro xoves 6 de febreiro, ás 20:00h, terá lugar no C.S.A. a Cova dos Ratos a presentación e a proxección do documental sobre saúde mental “Con etiqueta” e o coloquio a cargo da súa directora Adriana Pérez Villanueva.

conetiqueta-páxina%0A%0Aexportación de páxina001

“Este documental ofrece as voces espidas dun grupo de persoas vencelladas de xeito moi diversos ás doenzas mentais. Xente diagnosticada, xente que diagnostica e familiares desvelándonos esta outra realidade que se agocha ao noso carón. 50 minutos para achegármonos ao difícil proceso vital dunhas persoas que comparten moito máis ca unha etiqueta có fin de rachar cós moitos tópicos que xiran en torno a saúde mental.

O documental elaborouse có apoio da asociación pro salud mental A Creba e a Federación de Asociacions de Familiais e Persoas con Enfermidad Mental de Galicia (FEAFES).”

Agardámoste!

IV obradoiro de cociña vegana no C.S.A. a Cova dos Ratos

O vindeiro sábado 25 de xaneiro, ás 10:30h, terá lugar o 4º obradoiro de cociña vegana no C.S.A. a Cova Dos Ratos. Neste novo obradoiro aprenderemos a facer:

– Paté de txampis
– Hamburguesa de lentellas con cuscús
– Salsa veganesa
– Mousse de limón

O curso non ten prezo fixo, mais haberá un bote de colaboración para que cada quén aporte o que crea oportuno. Todo o diñeiro recadado ira destinado a proxectos culturais e autoxestionados da Cova dos Ratos. Lembrar que cómpre ser puntuais (10:30h) e que, á hora do xantar (14:00-14:30h), probaremos entre todas as que asistimos ao obradoiro os ricos pratos que cociñemos. Animádevos a facer ricos pratos sen explotación e sen sufrimento animal. Tedes ate o martes 22 de xaneiro para anotarvos:

– dirección de correo: omonstruodasghalletas@hotmail.com

– nº teléfono: 636 631 966

Se algunha queda fóra, non vos preocupedes que haberá máis obradoiros ó longo do curso. Tentaremos, na medida do posible e apartir do vindeiro obradoiro, que as persoas que quedan fóra se avisen con prioridade pra ó seguinte, así todas poderemos participar.

Un saúdo.

A Cova Dos Ratos

cartazIVcociña