Boletin actividades semanais (do 25-1 ao 31-1)

DSC04753_800

A Cova dos Ratos adirese ao protesto pola ‘Operacion Jaro’

TEXTO DE ADESOM PARA COLETIVOS SOCIAIS, ORGANIZAÇONS E SINDICATOS SOBRE A “OPERACIÓN JARO”.

Em 30 de outubro passado, nove independentistas galegas e galegos forom detidos pola Guardia Civil numha presunta “operación antiterrorista” e acusados de dous delitos de “integraçom en banda armada” e “enaltecemento do terrorismo” que poderiam supor anos de prisom.
As detençons estiveron acompanhadas dum importante dispositivo mediático que socializou a versom policial, condenando sem juízo prévio as nove pessoas detidas, vulnerando a sua presunçom de inocencia e ocultando o impulso político do operativo policial.
Agora, após a que se donominou Operación Jaro, estes cidadáns e cidadás galegas tenhen un processo penal aberto num tribunal de exceçom como é a Audiencia Nacional.
Além disto, a organizaçom política na que militavam, Causa Galiza, conhecida públicamente desde 2007 polo seu trabalho en favor de direito de autodeterminaçom da Galiza e da independencia nacional, foi suspendida durante um período de dous anos, o que equivale a umha ilegalizaçom de facto.

As organizaçons políticas, colectivos sociais, associaçons e sindicatos que convocamos a manifestaçom nacional “En defensa dos direitos civis e políticos para todas e todos. Nom á ilegalizaçom de organizaçons políticas” qaueremos fazer público o seguinte:

1º Exprimimos a nossa solidariedade com as nove pessoas detidas pola Guardia Civil, exigimos a retirada das graves imputaçons penais ás que estám submetidas no que é um novo caso de repressom política e denunciamos o carácter abertamente político da operaçom.

2º Exigim0s o levantamento da suspensom das atividades políticas que desenvolve a organizaçom política independentista Causa Galiza e condiçons para o pleno exercicio das liberdades de reuniom, associaçom e manifestaçom para todos os galegos e galegas. Nengumha opiniom nem ideologíaagás o racismo e o fascismo-podem ser “ilegalizadas”.

3ºDenunciamos o proceso de fascistizaçom do regime espanhol, que é manifesto nesta tentativa de criminalizar e deixar fora da legalidade o independentismo organizado, a imposiçom de normativas como a Lei Mordaça, a aplicaçom sistemática de sançons penais e administrativas ao protesto e a mobilizaçom social, etc.

4º Polas razóns arriba expostas, convocamos a sociedade galega a se manifestar no próximo 24 de janeiro ás 12:00h desde a Alameda de Compostela a, unindo numha soa voz a denuncia de todos os sectores sociais, políticos e sindicais contrários a processos e vulneraçons de direitos humanos, constitucionais e políticos como os que estamos a contemplar.

Na Galiza, em 9 de janeiro de 2015.

24jan

PRESENTACIÓN E LANZAMENTO DO LIBRO ‘ALIMENTACIÓN HOLÍSTICA’

O venres 12 de Febreiro, as 20:30, na Cova dos Ratos realizarase a PRESENTACIÓN E LANZAMENTO DO LIBRO ‘ALIMENTACIÓN HOLÍSTICA’ da escritora Gloria Pérez

GLORIA PÉREZ, ou gloryamor11.11, autora dos libros ‘Grazas Esclerose Múltiple’ e ‘O meu regreso a casa’, é naturópata, especialista en dietética e nutrición. Cursou Bioloxía na Universidade de Vigo e, posteriormente, se diplomó en Ciencias Económicas e Empresariais na mesma Universidade, para terminar a súa licenciatura na UNED.

Como ela mesma di, tras a súa andaina polo mundo da ciencia, unha enfermidade, ESCLEROSE MÚLTIPLE, diagnosticada no ano 2.004, levouna ao mundo da espiritualidade e do medicamento natural, especializándose entón en Dietética e Nutrición, Naturopatía, Flores de Bach, Reiki, Fitoterapia, Meditación, Sahaja Ioga, e un longo etcétera dentro da ampla gama do mundo natural.
Actualmente exerce como Naturópata no seu pobo natal, Gondomar, da provincia de Pontevedra e considérase unha persoa afortunada porque grazas a todo isto chegou a coñecer O AMOR.

Cova dos ratos2

BLOG http://gloryamor11-11.blogspot.com.es/

 

Boletin actividades semanais (do 18-1 ao 24-1)

logocova

Xantar popular en prol do IV encontro feminista

Estase a fornear o IV Encontro Feministas Autònomas da Galiza: “Contra as violencias machistas, iniciativas feministas” que terá lugar no mes de Febreiro en Vigo.

Co motivo de recadar cartos en prol da súa organización, convidámosvos a participar o domingo 31 de Xaneiro no xantar popular que terá lugar no C.S.A. A Cova dos Ratos (R/Romil 3, Vigo), a partir das 14h. O prezo do menú será de 3.5 euros, (1º  e 2º prato + sobremesa), agradecemos a realización da inscripción previa para facilitar a preparación do xantar.

¿Ídelo perder? Anotádevos axiña mandando un mail a:

encontrosfeministasgaliza@gmail.com

e convidade as vosas colegas!

CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS, 

INICIATIVAS FEMINISTAS! 

Blogue: http://feministasautonomasgaliza.blogspot.com.es/

Evento facebook: https://www.facebook.com/events/1087448737955320/

bruxas_cat (1)

 

Boletin actividades semanais (do 11-1 ao 17-1)

porroman