Charla en Vigo 19/04/14 “Transxénicos en Arxentina, experimento global e resistencia local”

Dende o GAS e Verdegaia queremos convidarvos, o sábado 19 ás 20:00h, a palestra “Transxénicos en Arxentina, experimento global, resistencia local” no CSA a Cova dos Ratos, na rúa Romíl 3 Baixo en Vigo, a cargo da xornalista Lucia Maina.

transxénicos en arxentinaNa palestra afondarase na Produción de transxénicos na Arxentina que é o terceiro país produtor de transxénicos a nivel mundial , o denominado “boom da soia” iniciado na década dos ́90 converteu o seu territorio e a súa poboación no gran experimento do modelo agro-industrial .

Dúas décadas despois da súa implantación, as consecuencias deste modelo produtivo comezaron a facerse evidentes, sumindo a Arxentina nunha situación socio ambiental crítica en amplos territorios e despertando o mesmo tempo a resistencia da poboación fronte o avance do extractivismo.

Agardámoste!!

Pinchada colectiva

10151806_553825228064328_8444830898186471038_n

Tes un vinilo favorito?*

Gustaríache compartilo seu son con toda a parroquia ? (e ainda por riba convidaremoste a un vasiño de sangría)**

Ven a “Pinchada Colectiva” da Cova dos Ratos, o mércores 16 de abril, a partir das 20:30 e ate que aghuante o corpo.

Ademáis de boa música, haberá petiscos e sangría a prezos populares.

* se non tes vinilos podes vir igual

**so na primeira ocasión ; podes traer e pinchar máis vinilos, pero en Cova non queremos a DJ Bébedo

Obradoiro Fotografía

Amig@s cover@s , temos o placer de retomar as clases de fotografía co noso profe favorito David Barreiro!!

Datas : sábado 12 e sábado 26 de abril ás 19h

Workflow digital I:

Fotografía dixital: conceptos básicos

Formación da imaxe dixital: captadores dixitais

Tipos de formatos e súas características

Configuración inicial dunha cámara dixital.

Sábado 26:

Workflow dixital II:

Uso do programa Adobe Lightroom

Agardámoste !!!1292302_275545155953366_932576861_o

Obradoiro de Cociña vegana Afrodisíaca

Obradoiro de Cociña vegana Afrodisíaca.

 

Vén con nos o próximo venres 4 as 19.30 hs  a disfrutar dun obradoiro expositivo de cociña vegana afrodisíaca.  Esta vez será a tardiña co peche da seman. O prezo, coma sempre é de bote voluntario.  Non hai límite de prazas . Se tedes alghuna dubida ou obxeción escribide a caleidoskopio@sindominio.net

CARTEL DE COMIDA A COVA DOS RATOS(1)

Obradoiro de Cociña vegana Afrodisíaca

Vén con nos o próximo venres 4 as 19.30 hs  a disfrutar dun obradoiro expositivo de cociña vegana afrodisíaca.  Esta vez será a tardiña co peche da seman. O prezo, coma sempre é de bote voluntario.  Non hai límite de prazas . Se tedes alghuna dubida ou obxeción escribide a caleidoskopio@sindominio.net

CARTEL DE COMIDA A COVA DOS RATOS