
Presentación Distribuidora Anarquista Polaris. Venres 24 de Marzo ás 19h.
O próximo venres 24 de marzo ás 19:00 no C.S. A Cova dos Ratos presentarase o proxecto e tamén se presentarán algunhas das publicacións editadas. Haberá tamén un posto con material da distribuidora para poder adquirir en formato físico. Por suposto, estaremos abertas a propostas, críticas, comentarios e achegas que desexedes facer.
Para poñervos en contacto coa distri: distripolaris@riseup.net
Agardamos vervos alí!”

mércores 15 de marzo presentación proxecto O Salto
Imaxe
O Salto Galiza é un novo proxecto informativo que xurde da unión de
diversas individualidades e medios alternativos. A nivel estatal máis
de 20 medios se unen para lanzar El Salto Diario nunha iniciativa que
pretende contruir un grande medio financiado pola xente (sen
publicidade das grandes empresas nen da banca) horizontal e
descentralizado. Durante este mes apresentarase o número 0 da
publicación en papel, mais o proxecto ainda está en marcha e ten
previsto o seu lanzamento en Maio (contará con radio e TV). Para
facelo sostíbel necesitamos socixs. En Galiza precisamos 500
suscriptorxs.

Toxo na silveira en concerto o venres 10 de marzo
Concertinho alegre e divertido do cantautor Toxo na Silveira ca súa guitarrinha. Ofrécese un ratinho enchido de música agradable e risas garantizadas.

venres 17 de febreiro cineforum diversxs especial entroido

O filme elexido deste mes é todo un clásico:
“The Rocky Horror Picture Show” 1975, Reino Unido. Dirixida por Jim Sharman e baseada no musical The Rocky Horror Show, de Richard O’Brien,.
A película non tarda en ser obxecto de culto e pasar a historia sendo aínda exhibida en cines onde se montan auténticas festas en torno o filme, perfecta para o mes do entroido 😉
E nós non ibamos a ser menos, ofrecemos un visionado interactivo onde vos invitamos a vir disfrazadxs co personaxe que queirades e durante a proxección teredes unha serie de obxectos que iremos utilizando o longo da peli.
Sinopse: é unha película sobre unha parella que, tras una avaría no seu coche, vese obrigada a pasar a noite na mansión do Doutor Frank-N-Furter que festexa a convención de transilvanxs con motivo da creación da súa criatura, Rocky Horror, un home perfecto do cal “medio” cerebro pertence a un delincuente xuvenil
Actividade de balde organizada pola Asociación Nós Mesmas coa colaboración da Cova dos Ratos. Unimos sinerxías para ofrecer un espazo, unha vez ó mes, onde proxectar filmes diversxs e poder comentar nun coloquio posterior.
DíESE en concerto
Imaxe

Concerto Leo Fever e Suso Cortegoso
Imaxe

obradoiro de bebidas vexetais
Imaxe

CHARLA SOBRE MORCEGOS. 4 DE XANEIRO
Imaxe

13 DE XANEIRO-CHARLA: CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS EM GRECIA
Imaxe
