Palestra-presentación do programa Xanela Aberta 2014 de AMARANTE

O vindeiro venres 28 de febreiro, ás 20:00h, terá lugar no C.S.A. a Cova dos Ratos a palestra-presentación da XIII edición do Xanela Aberta. Asómate ao Cambio, da Asociación galega AMARANTE. Xanela Aberta é un programa de educación para o desenvolvemento que ten como finalidade promover unha conciencia crítica e transformadora sobre a realidade social, con xornadas formativas e viaxes para coñecer as loitas e resistencias de organizacións locais e internacionais, como o Movemento Sem Terra (Brasil), Attawassoul (Marrocos) ou MCCH (Ecuador).

Documento-1-páxina%0A%0Aexportación de páxina001

“AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.Entendemos que o modelo estrutural global é a causa das desigualdades entre as persoas e os pobos. Por iso, a nosa achega é favorecer relacións máis xustas e máis equitativas, que promovan a solidariedade, o consumo responsable e a cooperación.Procuramos facelo dende a implicación e a mobilización da cidadanía coa finalidade de construír un modelo galego de solidariedade vertebrado nunha sociedade civil máis crítica. As nosas ferramentas son a denuncia pública, a presión política, a sensibilización, a construción de alternativas e a cooperación en rede entre organizacións sociais, tanto locais como internacionais.”

Deixar un comentario