Charla sobre os efectos sociais e ambientais da minería do ouro na C.S.A. a Cova dos Ratos

O vindeiro venres 28 de marzo, ás 20:30h, terá lugar no C.S.A. a Cova dos Ratos a palestra sobre os efectos sociais e ambientais da minería do ouro máis a presentación do libro “El oro de Salave. Minería, especulación y resistencia”  a cargo de Charlie Patillas, membro da Plataforma ORO NO e veciño de Tapia. Agardámoste!!

Charla ORONO Cartaz

Advertisements

Proxección do filme “Díaz: no limpieis esa sangre”

O vindeiro xoves 13 de marzo, ás 20:30h, vaise proxectar no C.S.A. a Cova dos Ratos o filme “Díaz: no limpieis esa sangre”, unha película baseada nos feito ocurridos en 2001 en Génova, durante a conferencia do G8. Ainda que a cidade blindárase para recibir ós dirixentes das potencias mundiais, un grupo de activistas, a meirande parte estudantes, pecháronse na escola Díaz e foron desaloxados brutalmente pola policia. Segundo denunciou Amnistía Internacional, en Génova tivo lugar a violación dos dereitos humáns mais grave desde a II Guerra Mundial (1939-1945). Organiza: CNT Vigo.

cartaz 13 marzo

Agardámoste!!

Apresentaçom do fanzine Cam do Palheiro no C.S.A. a Cova dos Ratos

CartazFanzineCamDoPalheiro

Desta vez o fanzine Cam do Palheiro chega até a Cova dxs Ratxs. Apresentara-se numha velada crítica, revolucionária, enxebre, excêntrica, performativa, irónica e mesmo de escárnio, mas sem protagonismo dxs autorxs. A revista tem baixada livre em:

sites.google.com/site/stopespecismo/-libros-mvto-animalista/cam-do-palheiro

Animamos-vos a recuperar um outro infinito naco de vida. A loita nunca morre e, enchoupadxs nas suas correntes, devires, mares, rios e regatos, trazemos sementes de verdade, sementes de hoje e amanhá. Nestes tempos orwelianos de arraigada crise moral, muito mais profunda, endémica e sangrenta que a económica, de contaminaçom informativa, ausência de liberdade de consciência e pensamento, ainda combatemos além do relativismo e o “buenrrollismo” no que moitxs mercachifles, postmodernxs, hedonistas, trepas alternativxs, babosxs, agressores e neopestes varixs se escoltam, encobrem e arrastam. O eido pessoal nom é umha excepçom. Como di umha companheira:

AS REVOLUÇÕES NOM SOM FILHAS DO ESTÔMAGO,
SOM FILHAS DO PENSAMENTO.

A REVOLUÇOM SERÁ ÍNTEGRA OU NOM SERÁ.

VI Obradoiro de cociña vegana no C.S.A. a Cova dos Ratos

O vindeiro sábado 22 de marzo, ás 10:30h, terá lugar o VI obradoiro de cociña vegana no C.S.A. a Cova Dos Ratos. Neste novo obradoiro aprenderemos a facer:

– Paté de hummus e ensalada césar
– Pastel de patacas recheo de soia
– Biscoito de laranxa e chocolate

O curso non ten prezo fixo, mais haberá un bote de colaboración para que cada quén aporte o que crea oportuno. Todo o diñeiro recadado ira destinado a proxectos culturais e autoxestionados da Cova dos Ratos. Lembrar que cómpre ser puntuais (10:30h) e que, á hora do xantar (14:00-14:30h), probaremos entre todas as que asistimos ao obradoiro os ricos pratos que cociñemos. Animádevos a facer ricos pratos sen explotación e sen sufrimento animal. Tedes ate o martes 20 de marzo para anotarvos:

– dirección de correo: omonstruodasghalletas@hotmail.com

– nº teléfono (sms): 636 631 966

Se algunha queda fóra, non vos preocupedes que haberá máis obradoiros ó longo do curso. Tentaremos, na medida do posible e apartir do vindeiro obradoiro, que as persoas que quedan fóra se avisen con prioridade pra ó seguinte, así todas poderemos participar.

Un saúdo.

C.S.A. a Cova Dos Ratos

obradoirocociñavegana

Proxección do filme “A Lúa en tí”. Organiza: Ghatas Salvaxes

Con moito ánimo o próximo 6 de Marzo, ás 20:00h, As Ghatas Salvaxes, ghrupo de axitación teatral Ecoar ))) Vigo, organiza unha proxección-debate co filme A Lúa en tí. As Ghatas son un colectivo político-social contracultural de linguaxe escénica. Teñen como obxetivo a creación de accións de rúa escénicas orientadas cara ó cambio social a través da concienciación social, política e cultural.

ghatas