Sesions de meditacion

Todxs sabemos dos beneficios que nos proporciona esta milenaria práctica, e aínda así… como se fai? como comezo? onde? cando?
Todos os xoves, de 9:30 a 11:00 da manhá, estaremos na Cova, resolvendo dúbidas e meditando.
Se estades interesadxs, non dubidedes en acudir 😉
CARTAZmeditaciónCOVA

 

Advertisements

1ª Edición “Monólogo Slam”

Gozas de bo humor? Se tes ganas de pasalo ben e facernos rir a cachon, xa sabes…deixa a vergonha na casa, ven e faite co escenario!!! Diversion asegurada nesta Primeira edicion do ” Monologo Slam’

Sabado 19 de Decembro as 20 hrs. no C.S.A. ” Cova dos Ratos”.

Cunhas presentadoras de primeira: David Perez e Xandra Taboas

Entrada de balde.

Inscripcions ate o venres 11 de Decembro en: actividadescoca@gmail.com.

3 monologos por participante, maximo de 10 min por monologo, tematica libre (suxeita o respecto polos valores eticos da Cova)

Comeza a conta atras 3,2,1…SLAM!!!

cartaz monólogo slam cova

NOVEMBRO AUDIOVISUAL NA COVA DOS RATOS

NOVEMBRO AUDIOVISUAL NA COVA DOS RATOS DE LOITAS CONTRA A INDUSTRIA MINERA E PO-LA DEFENSA DA TERRA E XS SÚAS/SEUS HABITANTES (contra un sistema que depreda, esclaviza e destrúe a vida libre e atrapa e devora todo ao seu paso).

Xoves 19 de novembro:
“Huicholes, os últimos guardáns do peyote.”
Documental sobre o caso da defensa de Wirikuta, territorio sagrado da etnia Huichol, ante a ameaza da explotación minera.
Este pobo orixinario emprende unha cruzada espiritual para protexer a vida, poñendo en evidencia as contraccións internas do mundo materialista no que vivimos.
Seguimos aos Huicholes nesta peregrinación ritual  hacia Wirikuta, terra onde crece o peyote, elemento central da espiritualidade wixárika como vía de acceso ao diálogo cxs deusxs.
De concretar os traballos de explotación, a industria minera, contaminaría e destruiría Wirikuta, convertindo ésta, nunha terra estéril e inhabitable, e destruíndo tamén a identidade deste pobo.
Xoves 26 de novembro:
“Hambach”
O bosque de Hambach (Hambacher Forst, perto da cidade de Colonia en Alemania) permanece okupado dende fai anos por activistas que loitan contra a súa destrucción po-la industria minera. No seguinte documental poderemos ver xs compañeirxs compartindo as súas impresións sobre a loita, a importancia da mesma, o seu día a día, os seus sentimentos ante a destrucción dun espazo natural tan valioso, a impotencia, a raiba e a esperanza.
cartel cova docus novembro