A bagunda na cova e outros versos e imaxes

Aquí vos deixamos as agarimosas palabras do noso amigo coveiro Manolo Pipas, que xuntou durante o concerto de A Bagunda o pasado 19 de decembro na Cova dos Ratos, e creou estes xeitosos versos:

miñas donas meus señores 
arte nativa a bagunda 
de bouzas a lavadores
esta música profunda 

cordas vento percusión
quinteto republicano 
outra vez de foliada
aki na cova dos ratos 

neste jarito vegano 
un pelexo en repenique 
pero compas estar tranquis 
que é de coiro de cacique 

eles voltan dunha xira 
novamente no palquiño 
a bagunda non se vende
ben que di o estribillo

versos rematados 
no concerto e lidos logo 
na barra na intimidade 

o cronista

bagunda

Advertisements

Obradoiros de fotografía básica na Cova dos Ratos

Os vindeiros sábados 11, 18 e 25 de xaneiro, ás 19:30h, terán lugar os obradoiros de fotografía básica no C.S.A. a Cova dos Ratos. Aquí vos deixamos o cartaz con toda a información dos obradoiros.

cartelbarreirofinal (3)

Os obradoiros terán un bote comunitario para que cada quen aporte o que queira ou poida e non haberá número limitado de prazas. Achégate polo centro social!

Agardámoste!!!

2º Obradoiro de cociña vegana

O vindeiro sábado 23 de novembro, ás 10:30h, terá lugar o 2º obradoiro de cociña vegana no C.S.A. a Cova Dos Ratos. Neste novo obradoiro aprenderemos a facer:

– Paté de conouras.
– Albóndigas de soia con puré de pataca.
– Biscoito de castañas e licor café

O curso non ten prezo fixo, mais haberá un bote de colaboración para que cada quén aporte o que crea oportuno. Todo o diñeiro recadado ira destinado a proxectos culturais e autoxestionados da Cova dos Ratos. Lembrar que cómpre ser puntuais (10:30h) e que, á hora do xantar (14:00-14:30h), probaremos entre todas as que asistimos ao obradoiro os ricos pratos que cociñemos. Desta volta ampliamos a 20 o número de prazas, e tedes ate o martes 19 de novembro para anotarvos:

   – dirección de correo: omonstruodasghalletas@hotmail.com

   – nº teléfono: 636 631 966

Se algunha queda fóra, non vos preocupedes que haberá máis obradoiros ó longo do curso. Tentaremos, na medida do posible e apartir do vindeiro obradoiro, que as persoas que quedan fóra se avisen con prioridade pra ó seguinte, así todas poderemos participar.

Un saúdo,

A Cova Dos Ratos

OBRADOIRO COCIÑA