Festa do Samaín

A noitiña do 31 pásate pola Cova dos Ratos a desfrutar da noite na que as ánimas dos defuntos xúntanse coas dos vivos para bailar e obrar xuntas contra o capital. Haberá chulas de cabaza e magosto con ricas castañas. Ademáis, dende as 20:00h, contaremos no centro social con contacontos, danza tribal fusión, foliada có grupo “Os Beretes”, así como de queimada e música para festexar a nosa precariedade e decandencia.

Agardámoste!

Viva o mal, viva o capital!!

samainw1

Advertisements

Presentación do poemario “Billetes Transportan Mensajes”

O vindeiro sábado 26, ás 21:00h en a Cova dos Ratos, presentación do libro “Billetes transportan mensajes” cos seus poemas experimentais, políticos e breves de Julio Fernández Peláez.

JULIO FERNÁNDEZ PELÁEZ

(1963) Autor das obras teatrais: “Filamentos de tiempo” (Ediciones Irreverentes, 2011), “Esgotar os ollos” e “O chapeu do indixente” (Estaleiro, 2012), Ananké (Episkenión, 2013) e Cielo naranja (Dédalo, 2013). Finalista no IV Concurso de Dramaturgia “La Jarra Azul”. Dende principios dos 90 traballa no ámbito teatral como escenógrafo, director e dramaturgo. Na actualidade dirixe a revista Núa e a compañía AnómicoTeatro.

Publicou as novelas: “La risa del conejo”, “La losa baila el agua”, “K-mandra” , “la velocidad de los sueños” e “Gomas de borrar resplandores”, ademais dos poemarios: “1 + 1 tendiendo a 2” e “Billetes transportan mensajes”. Participou nas antoloxías de narrativa de “Ediciones Irreverentes Hiroshima”, “Truman”, “El hombre que se ríe de todo”, “Asesinatos profilácticos” e “Microantología del Microrrelato III.”

presentación-a-cova-billetes (1)

Proxección e presentación do filme “Siete Días, Siete noches”

O vindeiro sábado 19 de outubro, ás 20:30h, a actriz cubana Orisel Gaspar presentará na Cova dos Ratos a película “Siete día, Siete noches” do directo Joel Cano, a cal é unha das protagonistas. Despois da proxección haberá coloquio.

Siete días siete noches, estreada en Francia no 2004, é o primer filme da triloxía de Cine Independiente cubano que incluirá os filmes “Adiós”(sus escenas finais foros rodadas en Vigo, Chapela e Camposancos) e “Desastre”.

Entrada de balde!

Sipnosis do filme:

“Siete días siete noches cuenta la historia de Nieves, Norma y María, tres mujeres de clases sociales distintas que entrecruzan sus vidas durante una semana en La Habana. Tres destinos que la cámara sigue en su deambular urbano en un retrato musical y dramático a la vez, con todo el carácter de una de las ciudades más bellas e intensas del mundo.”

PREMIOS:
• Globo de Oro. 25° Festival des 3 Continents de Nantes, Francia 2003.
• Mejor Director y Actriz-Cinéma Tout Ecran, Internacional Cinéma & Televisión Festival, Ginebra 2003.
• Mejor largometraje Festival International Cinéma Nouvelle Génération, Lyon, Francia 2004.
• Mejor Largometraje Festival Internacional de Cine Seoul, Korea del Sur, 2004.

Obradoiro de pilates

Moi boas xentiña!

A partir de outubro, voltan a Cova dos Ratos as clases de pilates. As clases impartiranse os luns pola maña (de 10:00 a 11:00h) e os mércoles pola tarde (de 17:00 a 18:00h). Trae a túa esteira. Agardámoste!

Prezo: bote a vontade.
Lugar: a Cova dos Ratos, en rúa Romil nº 3 (Baixo), Vigo

Mandanos unha mensaxe se tedes calquer dúbida.

pilates

Obradoiro de cestería

Co obxectivo de dar a coñecer esta arte tradicional tan arraigada na nosa cidade, impartiranse dende os mes de outubro este obradoiro de cestería. Achégate todos os martes, de 19h a 21h, pola Cova dos Ratos para mergullarte entre os vimbios e paos desta arte.

Prezo: bote de colaboración para os materiais.
Lugar: C.S.A a Cova dos Ratos, en rúa Romil nº 3, (baixo), Vigo.

Achégate cando queiras, xa que as quendas e o seguimento non é pechado.

cartelcestería