Entroido no C.S.A. a Cova dos Ratos coa Semente Vigo

semente-páxina%0A%0Aexportación de páxina001

Este vindeiro sábado 1 de marzo, a partires das 20:30h, achégate polo C.S.A. a Cova dos Ratos e vén a celebrar o entroido coa escola de ensino galego Semente Vigo. Haberá proxección, cea solidaria vegana a prezos populares e foliada. Aquí vos deixamos os horarios:

20:30h: Proxección do documental “Os merdeiros, a recuperaçom”. Documental que trata sobre a recuperación de esta figura do entroido Vigués na zona vella de Vigo.

21:00h: Cea solidaria vegana coa escola Semente Vigo (Primeiro e segundo prato por 4€ mais bebidas a parte). Todo o diñeiro que se recade coa comida vai destinado a escola de ensino galego Semente Vigo

22:00h: Foliada. Trae o teu instrumento e anímate a participar.

“A Semente Vigo quer ser um espaço educativo em galego e de qualidade para a cidade de Vigo ao jeito da Semente Compostela. Xorde pola necessidade dum grupo de pessoas de encontrarem umha escolinha deste tipo para as suas crianças junto a outras envolvidas no mundo educativo.”

Agardámoste!

Advertisements

Palestra-presentación do programa Xanela Aberta 2014 de AMARANTE

O vindeiro venres 28 de febreiro, ás 20:00h, terá lugar no C.S.A. a Cova dos Ratos a palestra-presentación da XIII edición do Xanela Aberta. Asómate ao Cambio, da Asociación galega AMARANTE. Xanela Aberta é un programa de educación para o desenvolvemento que ten como finalidade promover unha conciencia crítica e transformadora sobre a realidade social, con xornadas formativas e viaxes para coñecer as loitas e resistencias de organizacións locais e internacionais, como o Movemento Sem Terra (Brasil), Attawassoul (Marrocos) ou MCCH (Ecuador).

Documento-1-páxina%0A%0Aexportación de páxina001

“AMARANTE Setem somos unha organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.Entendemos que o modelo estrutural global é a causa das desigualdades entre as persoas e os pobos. Por iso, a nosa achega é favorecer relacións máis xustas e máis equitativas, que promovan a solidariedade, o consumo responsable e a cooperación.Procuramos facelo dende a implicación e a mobilización da cidadanía coa finalidade de construír un modelo galego de solidariedade vertebrado nunha sociedade civil máis crítica. As nosas ferramentas son a denuncia pública, a presión política, a sensibilización, a construción de alternativas e a cooperación en rede entre organizacións sociais, tanto locais como internacionais.”

Obradoiros de conversación no C.S.A. a Cova dos Ratos

A partires da primeira semana de marzo, todos os mércores e xoves podes vir aos obradoiros de conversación de inglés, francés e italiano no C.S.A. a Cova dos Ratos. O prezo é libre para aportar o que queiras ou poidas e non fai falla inscrición. Agardámoste polo centro social.

– Obradoiro de inglés: mércores de 19:00h a 20:00h.
– Obradoiro de francés: mércores de 20:00h a 21:00h.
– Obradoiro de italiano: xoves de 19:00h a 20:00h

CARTAZCONVERSACIÓN

Proxección do documental “Potas, tixolas e outras solucións”

xoves 20 de febreiro, ás 20:00h, o grupo (contra)discurso de ECOAR proxectará o documental “Potas, tixolas e outras solucións” (inglés , con subtitulos en castelán; 64 min.) no C.S.A. a Cova dos Ratos.

O documental dirixido polo portugués asentando en Islandia Miguel Marques, fai, a partir de entrevistas feitas no 2012 a algunhas da participantes na “primaveira islandesa”, unha retrospectiva panorámica sobre as formas de participación politica acontecidas en Islandia trala crise financieira do 2008.

O filme permitiranos reflexionar sobre as posibles formas de afrontar a participación política dun xeito rupturista coas institucións establecidas dun xeito  horizontal e pacífico.

Trala proxección abrirase un debate sobre estas cuestións.

1891360_527270230719828_664998718_o

Palestra de Josep Mª Roselló “O Pensamento Naturista Hispano Contra a Civilización, O Progreso e a Ciencia.”

O vindeiro sábado 22 de febreiro ás 20:30h, falará Josep María Roselló (autor dos bros “La vuelta a la naturaleza” e “Viva la naturaleza”) sobre o “Pensamento Naturista Hispano Contra a Civilización, O Progreso e a Ciencia” no C.S.A. a Cova dos Ratos. Agardámoste!

naturismo5-1 (1)

A finais do século XIX, na Francia do positivismo científico e do auxe do desenvolvemento capitalista xorden, entre os libertarios, os naturien, un movemento que ensalza a natureza e denigra a civilización, pondo en práctica formas de vida acordes ao seu pensamento.

No territorio hispano tamén triunfaron estas ideas, cristalizando en diferentes correntes como o naturismo libertario, a trofoloxía, o vexetarianismo naturista e social e a librecultura, presentes tamén na nosa cidade.
Achegarémonos con esta charla a esta parte da nosa historia recente, pioneira na crítica ao desarrollismo, e polo tanto plenamente vixente.

Organizan: Lapsus e GAS.

V obradoiro de cociña vegana no C.S.A. a Cova dos Ratos

O vindeiro sábado 22 de febreiro, ás 10:30h, terá lugar o V obradoiro de cociña vegana no C.S.A. a Cova Dos Ratos. Neste novo obradoiro aprenderemos a facer:

– Ensaladilla rusa
– Pastel de verduras ao forno
– Boliñas de coco

O curso non ten prezo fixo, mais haberá un bote de colaboración para que cada quén aporte o que crea oportuno. Todo o diñeiro recadado ira destinado a proxectos culturais e autoxestionados da Cova dos Ratos. Lembrar que cómpre ser puntuais (10:30h) e que, á hora do xantar (14:00-14:30h), probaremos entre todas as que asistimos ao obradoiro os ricos pratos que cociñemos. Animádevos a facer ricos pratos sen explotación e sen sufrimento animal. Tedes ate o martes 18 de febreiro para anotarvos:

– dirección de correo: omonstruodasghalletas@hotmail.com

– nº teléfono (sms): 636 631 966

Se algunha queda fóra, non vos preocupedes que haberá máis obradoiros ó longo do curso. Tentaremos, na medida do posible e apartir do vindeiro obradoiro, que as persoas que quedan fóra se avisen con prioridade pra ó seguinte, así todas poderemos participar.

Un saúdo.

A Cova Dos Ratos

Vobradoirocociña

Charla sobre a Lei de Seguridade Cidadá no C.S.A. a Cova dos Ratos

leireforma
 
 
Lei de Seguridade Cidadá, reforma do Código Penal, 
                                                                                    a min non me afectan…
                                                                                                                           Seguro?
 
Nun momento de ofensiva por parte do capital e a extrema dereita, a través do aparello do estado, contra os dereitos sociais e laborais adquiridos gracias á loita ao longo dos anos, é necesario recortar tamén dereitos e liberdades para blindarse fronte á protesta e a disidencia.
 
Esta lóxica é a que subxace baixo a nova reforma do código penal e a creación da chamada lei de seguridade cidadá.
 
Son polo tanto dúas normas deseñadas avanzar na estensión da represión, tanto cualitativa como cunatitativamente. Colectivos veciñais, estudiantís, feministas, militantes anticapitalistas, independentistas, ecoloxistas ou loitas en defensa de dereitos sociais como a saúde ou a vivenda, sindicais, ou incluso quenes se movilizan contra o roubo xeralizado da banca.  Todas somos inimigas e, polo tanto, obxecto de aplicación destas normas.
 
Por este motivo é necesario informarnos  a fondo e de primeira man do seu contido. Porque, incluso aínda que pensemos que non nos van afectar de xeito directo, representan un gran avance na perda de liberdades sociais que tarde ou cedo acabaremos padecendo, e marcan o camiño de cara a construcion dunha sociedade futura que non queremos nin imaxinar.
 
Convidámosvos polo tanto á charla sobre a nova lei de seguridade cidadá e a reforma do código penal  que terá lugar o sábado 15 de febreiro ás 20:00h na Cova dos Ratos, a cargo de Borxa Colmenero avogado penalista e membro de Esculca.
 
Organizan: GAS, S.R.I. e Cárcere=Tortura

Proxección do documental “4F: Ni Oblit, ni perdó” no C.S.A. a Cova dos Ratos

desmontaje_cova_web

O documental 4F: ni oblit, ni perdó é un traballo de investigación videográfico que persegue dar a coñecer a verdade e desmontar as mentiras sobre o caso 4F, uns dos casos de corrupción policial máis grave que se destapou na cidade de Barcelona. Unha historia de impunidade policial, acompañada de boas doses de racismo, clasismo e de vulneración dos dereitos fundamentais, todo elo amparado por un sistema xudicial herdeiro do réxime franquista e por uns políticos obsesionado có negocio inmobiliario que brinda a Marca Barcelona a costa dos seus cidadáns.

Que pasou o 4F?

A noite do 4 de febreiro do 2006 rematou cunha carga policial no centro de Barcelona. Foi nos arredores dun antigo teatro okupado no que se estaba a celebrar unha festa. Entre os golpes de porra comezaron a caer obxectos dende a azotea da casa okupada. Segundo relatou por radio o Alcalde de Barcelona poucas horas despois do suceso, uns dos policías, que ía sen casco, quedou en coma polo impacto dunha maceta. As detencións que viñeron despois do tráxico incidente relátannos unha crónica de vinganza. Tres xoves detidos, todos eles de orixe sudamericano, son gravemente torturados e privados de liberdade durante dous anos, agardando un xuízo no que pouco importaba quen fixo que.

Pouco importaba que o obxecto que feriu ao policía fose tirado dende unha azotea mentres que os detidos estaban a pé de rúa. Outros dos detidos aquela noite – Patricia e Alfredo- nin sequera estaban presentes no lugar dos feitos: foron detidos nun hospital preto dos incidentes e declarados sospeitosos pola súa forma de vestir. Pouco importaban se houberan probas ou evidencias que exculpaban ao acusados. Naquel xuízo non se estaba xulgando a individuos senón a un colectivo. Tratábase dun inimigo xenérico construído pola prensa e a política da Barcelona modélica. Barcelona, a cidade que acababa de estrear a súa chamada “ordenanza de civismo”, unha lei hixienista, marco legal perfecto para os plans de xentrificación de algúns barrios céntricos destinados ao turismo. Os detidos aquela noite eran cabezas de turco que encaixaban perfectamente, pola súa estética, coa imaxe do disidente antisistema o inimigo interno que a cidade modélica foi xerando aqueles últimos tempos.

Anos despois, dous policías son condenados a inhabilitación e a penas de prisión de máis de dous anos por torturar a un mozo negro. A sentencia demostra que os axentes menten e manipulan probas durante o xuízo. Para encubrir as torturas, acusan ao mozo de ser traficante de drogas, pero o xuíz descobre a montaxe: o negro é en realidade fillo dun diplomático, o embaixador de Trinidade e Tobago en Noruega. Estes axentes resultan ser os mesmos que torturaron ao xoves detidos aquela noite do 4 de febreiro do 2006. A única diferencia: o orixe social das vítimas.

Patricia Heras, a poeta defunta

Máis aló da cidade de Barcelona, o personaxe principal da cidade morta é Patricia, á que imos coñecendo a través da súa poesía e o testemuña das súas amigas e exparellas sentimentais. Trátase de una moza estudante de literatura, extremadamente sentimental, que esconde as súas inseguridades detrás dunha estética excéntrica, alimentada pola cultura queer coa que se identifica.

A experiencia que atravesa a partires de aquela mañá do 4 de febreiro do 2006, cando é detida xunto co seu amigo Alfredo nun hospital, da un xiro radical a súa vida. Dous anos cheos de angustia agardando o xuízo, esgotando todos os seus aforros para pagar os avogados. Tres anos de condena na cárcere. A parte de esnaquizar a súa vida, estes feitos disparan a súa produtividade literaria que vai quedando rexistrada nun blogue que se titula de forma premonitoria: Poeta Morta.

Patricia suicídase durante unha saída cárcere, en abril do 2011. Esta película pretende ser un homenaxe a ela.

Venres 14 de febreiro, ás 19:30h, no C.S.A. a Cova dos Ratos. Agardámoste!