Clases de Matemáticas Recreativas na Cova dos Rat*s

Sábado 31 de xaneiro’15,
As 17:30, clases de Matemáticas Recreativas na Cova dos Rat*s (a cargo de RenaRenato)
Unha tarde divertida e educativa: descubriremos novos xogos, cantaremos cancións, debuxaremos, pintaremos e tamén aprenderemos habilidades e manualidades variadas… co único obxectivo de pasalo ben.
Para nen@s de todas as idades, incluíd@s @s maiores, que tamén temos o dereito, e a obriga, de pasalo ben e ser felices. 😀
Por primeira vez. Repetirás!
E pola noite, a partir das 20:30, asistiremos ao documental “Schooling the world” (Escolarizando o mundo), cun posterior debate sobre o tema #Educación.
Buscabas un plan diferente para o sábado? Pois agora, xa o tes.
CARTAZ-MATES-recreativas

XI Obradoiro de Cociña

Obradoiro de Cociña Vegana “A Cova Dos Ratos”
Arrincamos o ano co “XI Obradoiro de Cociña” pra seguir aprendendo e compartindo entre todas as moi variadas delicias da cociña vegana. Será o vindeiro Sábado 31 de Xaneiro por volta das 10:50h no C.S.A “A Cova Dos Ratos”. Toda persoa interesada pode solicitar a súa praza dende xa ate o Mércores 28 de Xaneiro [ver contacto no cartaz]
obradoiro xaneiro

“A Educación prohibida”, proxección + debate

cartazAs Ghatas arrincan este ano 2015 cun Ciclo de Cine/docu-charlas de moi diversas temáticas de interese socio-cultural. As proxeccións serán todos os 3º xoves de cada mes, por volta das 20:30h, dentro do Ciclo de Cine Temático que, mes a mes, organiza o C.S.A “A Cova Dos Ratos” (r/ Romil nº 3, baixo).

Por este motivo, convidámosvos a todas a asistir e participar desta primeira proxección que terá lugar o vindeiro xoves 15 de Xaneiro baixo o título La Educación Prohibida (Arxentina, 2012), película documental de financiamento colectivo dirixida por German Doin que cuestiona as lóxicas da escolarización moderna e a forma de entender a educación, facendo visibles experiencias educativas non convencionais (Educación Popular, Waldorf, Montessori, Cossettini, Educación Libertaria, Homeshooling, entre outras) que suscitan a necesidade dun novo paradigma educativo. O proxecto créase co interese de alimentar o debate social de cara á reflexión sobre as bases que sosteñen a escola, promovendo o desenvolvemento dunha educación integral centrada no amor, o respecto, a liberdade e a aprendizaxe.
Xa sabedes, agardámosvos a todas pra coñecer e reflexionar colectivamente.
Sen máis, un saúdo
“As Ghatas Salvaxes” [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo]

Obradoiro de guitarra

A partir do sábado 10 de Xaneiro comezan os obradoiros de guitarra na Cova dos Ratos. Os obradoiros celebránse un de cada dous sábado (haberá pois o: 10xan, 24xan, 7feb, 21 feb, 7mar, 21 mar, 4 abr,…)

Como de costume, prégase colaboración voluntaria coa monitora.

Máis info en yaizaonce@gmail.com

guitarra