Martes 5 de xaneiro, festa de aniversario de Cova

Como en anos anteriores en Cova vamos festexar a noite do 5 de Xaneiro. Non porque sexa a ‘Noite de Reis’, que en Cova somos antimonarquicas e ateas, se non porque esa noite Cova fai o seu aniversario.

A Cova fai 17 anos!!! 

Asi pois ven festaxalo connosco. A partir das 20 horas, xuntaremonos para movelo corpo a ritmo de tocadisco, comer e beber vegano a precios populares e argallar un 2016 de alternativa e xustiza social.

20160102_215828

 

1º aniversario revista “semaforo en rogho”; presentación nº fi

Nesta ocasión falaremos sobre o número 5, o mesmo número de puntas que ten a estrela… o número de dedos que temos na man…
E tamén aproveitaremos para falar da revista Semáforo 2.N. Rogho, que aparece cun novo exemplar: o número FI, o quinto dunha serie

Unha nova proposta artística, cultural e política que ven da man de RenaRenato, artista de rúa e creativo.

Unha nova revista auto-editada co calificativo de matemática.
Novas ideas e pensamentos para facernos a vida máis divertida…e mellor!
Ven a conhecer outra forma de pensar.
CONVITE 1ANIVERSARIO COVA

Pinchada colectiva

10151806_553825228064328_8444830898186471038_n

Tes un vinilo favorito?*

Gustaríache compartilo seu son con toda a parroquia ? (e ainda por riba convidaremoste a un vasiño de sangría)**

Ven a “Pinchada Colectiva” da Cova dos Ratos, o mércores 16 de abril, a partir das 20:30 e ate que aghuante o corpo.

Ademáis de boa música, haberá petiscos e sangría a prezos populares.

* se non tes vinilos podes vir igual

**so na primeira ocasión ; podes traer e pinchar máis vinilos, pero en Cova non queremos a DJ Bébedo

Entroido no C.S.A. a Cova dos Ratos coa Semente Vigo

semente-páxina%0A%0Aexportación de páxina001

Este vindeiro sábado 1 de marzo, a partires das 20:30h, achégate polo C.S.A. a Cova dos Ratos e vén a celebrar o entroido coa escola de ensino galego Semente Vigo. Haberá proxección, cea solidaria vegana a prezos populares e foliada. Aquí vos deixamos os horarios:

20:30h: Proxección do documental “Os merdeiros, a recuperaçom”. Documental que trata sobre a recuperación de esta figura do entroido Vigués na zona vella de Vigo.

21:00h: Cea solidaria vegana coa escola Semente Vigo (Primeiro e segundo prato por 4€ mais bebidas a parte). Todo o diñeiro que se recade coa comida vai destinado a escola de ensino galego Semente Vigo

22:00h: Foliada. Trae o teu instrumento e anímate a participar.

“A Semente Vigo quer ser um espaço educativo em galego e de qualidade para a cidade de Vigo ao jeito da Semente Compostela. Xorde pola necessidade dum grupo de pessoas de encontrarem umha escolinha deste tipo para as suas crianças junto a outras envolvidas no mundo educativo.”

Agardámoste!

Festa hortera 2014 e 15 aniversario da Cova.

Este vindeiro 5 de xaneiro non te perdas a Festa Hortera 2014 pola autoxestión na Cova dos Ratos. Ademais imos celebrar os 15 anos do centro social… Pode haber mellor maneira para comezar o ano? Como di Ana Kiro: “esmorga hortera pola autoxestión? Eu non ma perdo!!!”

Durante a noite máis hortera do ano no local haberá:

– Concurso de disfraces horteras (autoxestiónate o disfraz máis hortera que poidas)
– Exposición de fotos antigas da Cova dos Ratos.
– Fotocall.
– Karaoke.
– Tarta de aniversario vegana.
– e moitas sorpresas máis!! ademais de música hortera para non deixar de mover os ósos.

E por certo, se tes fotos antigas deste últimos 15 anos da Cova traeas a festa e participa na exposición colaborativa. Levarás un chipinho de licorka de balde.

festa hortera-páxina%0A%0Aexportación de páxina001

Agardámoste o 5 de xaneiro, a partires das 21:00h, coas nosas galas mais horteras!!

Festa do Samaín

A noitiña do 31 pásate pola Cova dos Ratos a desfrutar da noite na que as ánimas dos defuntos xúntanse coas dos vivos para bailar e obrar xuntas contra o capital. Haberá chulas de cabaza e magosto con ricas castañas. Ademáis, dende as 20:00h, contaremos no centro social con contacontos, danza tribal fusión, foliada có grupo “Os Beretes”, así como de queimada e música para festexar a nosa precariedade e decandencia.

Agardámoste!

Viva o mal, viva o capital!!

samainw1