“CICLO PARIAS”, historias e música popular dende a Arxentina

cartel ciclo parias cova imagenO 26 de xullo, a partir das 22 hrs, na Cova teremos a oportunidade de achegarnos á Arxentina viva, alternativa e loitadora co “Ciclo Parias”:

- Presentación do libro “El barrio obrero conocido como Villa 21-24 Zavaleta: una historia de dificultades, luchas y conquistadoras”

- Seguido do corto documental “¿Que ves cuando me ves?“,

- para rematar un concertiño das máns e voz de “Dos parias“.

Proxeccion “TOO MUCH PUSSY”

ESTE VENRES en cova dos ratos 21 DE XUÑO AS 21.00 H TOO MUCH PUSSY!!!!

Película explícita, feminista e postfeminista, porno e postporno, sobre as aventuras de 7 mulleres (académicas, activistas, traballadoras do sexo, actrices porno e artistas), en gira por Europa durante o veran de 2009 colo seu show de Performances Queer X.

A cámara de Emilie Jouvet (“One Night Stand”) graba as suas actuacions, – un conjunto de sketches que, como elas mesmas explican, combina nun espectáculo porno elementos del burlesque e do café concert-, por diversas localizacions, dende as grandes capitales (Berlín, Estocolmo), as cidades máis pequenas.

Too Much Pussy é un moderno road movie que fala nos de sexualidade, liberdade, expresión, experimentación e arte. Argumentando que a sociedade moderna sigue sendo sexualmente reprimida e inhibida, sobre todo cara ao sexo gay e lésbico, persigue a deconstrucción das convencions sociaies que prohíben a sexualidade puramente individual, incluindo a educación sexual nas performances.

aquí vai o trailer en francés! pero non vos preocupedes que estará en castelán…

https://www.youtube.com/watch?v=mFTHCZGK0fc

“Carballeiran Beauty”, musical “bellotero” de Cesar Lema (o Superman da andra) e os seus tremendos eghos.

musical bellotero a cova dos ratosO 28 de xuño, ás 20 hrs, na Cova representarase “Carballeiran beauty” (Carballeira bonita), un musical no que César Lema e os seus “Tremendos eghos” no explicarán con cancións e bailes os diferentes apartados do seu libro “Manual de cocina bellotera para la era post-petrolera. Una propuesta artística y revolusionaria para encarar el cenit de los seres nada.”

Duración de 3 horas cun entreacto para tomarlle un “chocolate” de landra.

 

Obradoiro de xabóns

curso_covaO xoves 19 de xuño, as 21 horas, na Cova dos Ratos haberá obradoiro de fabricación de xabóns. Farase xabón de uso doméstico e a partires de aceites usados.

Como de costume no CSA A Cova dos Ratos, o precio será libre (que cada unha aporte o que atope axeitado), ainda que precisa inscripción (límite 15 prazas) no correo analeiros@yahoo.es e no telefono 615 403 838.

 

 

XORNADAS “25 ANOS DE INSUBMISIÓN, 25 ANOS DESOBEDECENDO”

 

10325140_763373483695874_3698451541609900493_n

# Xoves 5 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)

‘Insumisión. 20 años desobedeciendo’

Proxección documental realizado polo KEM-MOC de Bilbo

 

# Sábado 7 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)

25 anos de insubmisión en Galiza.

Mesa redonda con insubmisos galegos.

 

# Sábado 14 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)

A Desobediencia Civil contra o Estado e a Criminalización da Protesta

Charla con José Ángel Brandariz. Profesor de Dereito Penal da Universidade

da Coruña e antigo membro do MOC.

 

# Sábado 21 de xuño, 20:30, A Cova dos Ratos (Romil 3)

Estratexias de desobediencia actuais: okupación, desobediencia ao patriarcado, obxección fiscal.

Charla coas compañeiras/os do CSO Palavea, Rede Feminista Galega

e Espazo Aberto Antimilitar.

 

# Sábado 28 de xuño, 20:30, A Revolta do Berbés (Rúa Real 12)

Presente e perspectivas de futuro do antimilitarismo

Pablo San José do Grupo Antimilitarista Tortuga.

 

# Durante todo o mes de xuño,

Exposición sobre o movemento de insubmisión en Vigo, con materiais orixinais do MOC.

do 3 ao 21 de xuño na Cova dos Ratos e do 23 ao 28 na Revolta