MOSTRA DO POSIBLE EN CANGAS

A  Cova estará a fin de semana cun posto de comida vegana na Mostra do Posible, o sábado e o Domingo. Agardámosvos

 

cabecera

Advertisements

Mércores 7 de Xuño presentación “Rotonda TV”

Gran Inauguración de Rotonda en Vigo. 
Non haberá Dinosetos, nen “viños españois”, nen políticos con tesouras.
Entre as 21 e as 22 horas, na CSA Cova dos Ratos (r/Romil 3), poderá vostede atoparse co equipo da Rotonda TV, que ademais de lanzar, en “riguroso diferido”, o programa a inmensidade da rede, falará e charlará con vostede dos obxetivos e traballos da ROTONDA TV
A ROTONDA é un novo medio de comunicación humilde e independente cuns obxetivos sinxelos e directos: tratar, en sucesivas “voltas de rotonda”, temáticas de interese para a cidadanía de Vigo e súa área, dende unha óptica plural, e polo tanto discordante coa oficialidade imperante.
presentación 2

venres 28 de abril as 21 horas, presentación do libro “Polifonia amorosa” de Laura Latorre Hernando

Cartel Polifonía Amorosa“Repensar o amor. A arte de relacionarse”. Presentación do libro: Polifonía Amorosa, de Laura Latorre Hernando. Vernes 28 de Abril ás 21h.

Este é un libro que narra diferentes experiencias amorosas de persoas que se tentan afastar da violencia e explorar prácticas máis libres nas súas relacións. Un libro de fición baseado en relatos extraídos de entrevistas realizadas en Madrid, Cidade de México, Oaxaca, San Salvador, Cidade de Guatemala, Bogotá, Montreal e Bos Aires. Nun mundo onde a idealización, os mitos e a violencia baleiraron de sentido palabras como amor, liberdade, relación ou cidadán, esta recopilación pretende mostrar os desexos, dores, emocións e contradicións que atravesan as nosas relacións reais. É un conxunto heteroxéneo de historias escritas empregando diferentes xéneros literarios: cartas, relatos, conversacións, monólogos…, e que respeta a lingua vernácula das personas entrevistadas. Unha interesante incursión ó difícil arte de relacionarse. Polifonía amorosa é o froito tanto das miñas experiencias persoais como profesionais. É o resultado dunha escoita moi atenta, xa sexa nas entrevistas que realicei e nos obradoiros que facilitei, como nos milleiros de conversas sobre o amor que mantiven coas miñas amizades.

Laura Latorre Hernando. Diplomada en Educación Social e en Terapia Narrativa. A súa traxectoria profesional encamiñouse cara a intervención, dende unha perspectiva feminista, para cuestionar e erradicar a violencia contra as mulleres. Nos últimos años dedicouse a facilitar espazos formativos para repensar o amor e desfiar a violencia das relacións tanto en México como en Uruguai, Chile e Arxentina.

COMUNICADO

Estes días houbo un par de anécdotas dentro do ‘mundo vegano’ que desde A Cova dos Ratos cremos necesario comentar.
Nós somos un centro social vegano. Fomos, somos e seremos un espazo onde non servimos nin permitimos que se consuman productos de orixe animal. Vivimos o especismo tódolos días, e nós queremos ter o noso pequeno recuncho no mundo onde non haxa cabida para este tipo de productos, cuxo consumo consideramos non ético pola opresión á que se ven sometidos tódolos animais de consumo. Polo tanto queremos mandar o noso apoio aos compañeiros de El Vergel en Tarragona, sometidos estes días a duras críticas por lle comunicar a unha nai que non estaba permitido ter leite de vaca dentro do seu local.
Asemade queremos reiterar a nosa aposta polo veganismo como modo de vida. Consideramos que, se un local asume a etiqueta de vegano, está facendo disto un acto político. Polo que rexeitamos que poida haber locais que usen esta etiqueta de vegano como reclamo comercial, mentres ofertan productos de orixe animal como carne de porco.
Queremos deixar constancia que en Vigo, polo que coñecemos, hai dous espazos veganos que oferten comida: A Cova dos Ratos e Bambú. Se alguén máis coñece outro, agradeceríamos que o comentase para deixarnos constancia.
Un saúdo.