Cea popular en prol da Cova dos Ratos

O C.S.A “A Cova Dos Ratos” ten o pracer de vos convidar o sábado 13 de Decembro a partir das 20:30h a unha Cea Popular a prol do Centro Social. E que mellor xeito de facer Autoxestión, por e para todas e porque o centro continúe a súa andaina 16 anos máis, que con alegría, boa compaña e, como non, música do país. A guinda do pastel virá, por volta das 22h e dende o barrio histórico de San Paio de Fóra, da man de “Os Veretes”.

Xa sabedes.. que corra a voz! Agardámosvos a todas o sábado 13, e avanti coa festa!

A Cova Dos Ratos

CEA POPULAR COVA

Entroido no C.S.A. a Cova dos Ratos coa Semente Vigo

semente-páxina%0A%0Aexportación de páxina001

Este vindeiro sábado 1 de marzo, a partires das 20:30h, achégate polo C.S.A. a Cova dos Ratos e vén a celebrar o entroido coa escola de ensino galego Semente Vigo. Haberá proxección, cea solidaria vegana a prezos populares e foliada. Aquí vos deixamos os horarios:

20:30h: Proxección do documental “Os merdeiros, a recuperaçom”. Documental que trata sobre a recuperación de esta figura do entroido Vigués na zona vella de Vigo.

21:00h: Cea solidaria vegana coa escola Semente Vigo (Primeiro e segundo prato por 4€ mais bebidas a parte). Todo o diñeiro que se recade coa comida vai destinado a escola de ensino galego Semente Vigo

22:00h: Foliada. Trae o teu instrumento e anímate a participar.

“A Semente Vigo quer ser um espaço educativo em galego e de qualidade para a cidade de Vigo ao jeito da Semente Compostela. Xorde pola necessidade dum grupo de pessoas de encontrarem umha escolinha deste tipo para as suas crianças junto a outras envolvidas no mundo educativo.”

Agardámoste!

Xantar popular – Santuario de animais Mino Valley

O vindeiro sábado 30 de novembro terá lugar na Cova dos Ratos un xantar popular co fin de recadar cartos para o santuario de animais Mino Valley Farm Sanctuary. Os santuarios son refuxios para aqueles animais non humanos que foron liberados e rescatados de granxas polo que constitúen uns espazos onde os animaliños poden ficar seguros e levar unha vida tranquila, feliz e lonxe da morte que agardan nas granxas e mataderos.

O xantar popular constará de 1º e 2º prato por 3,5 euros (bebidas a parte) e o diñeiro irá destinado ao coidado e mantenemento dos animais do Santuario Mino Valley, situado na bisbarra de Monforte de Lemos (Lugo).

santuario

Agardámoste o 30 de novembro!

C.S.A. a Cova dos Ratos.
Rúa Romil nº 3 (baixo), 36202
Vigo-Galiza

Cea solidaria – revista Abordaxe

O vindeiro venres 8 de novembro, ás 21:00h, contaremos no centro social cunha cea solidaria vegana en apoio a revista e publicación virtual Abordaxeco fin de recadar fondos para o novo número que sairá á rúa en pouco tempo. Ademais contaremos, a partires das 22:00h, coa colaboración, música e ledicia do dueto  “Gelsomina meno un quarto”, chegadas da Italia pero xa afincada na Galiza dende hai tempo.

Achégate a desfrutar dunha cea solidaria vegana para a revista Abordaxe. Agardámoste!

cartel3