Este sábado ao medidiodía, sesión vermú coa Bagunda e comida na Cova dos Ratos

Agora a Cova tamén abre os sábados ao mediodía! Todos os sábados podes vir comer o noso rico menú vegano, pero e que ademáis este sábado, xusto antes da hora da comida haberá unha sesión vermú e ‘jam sessión’ coa banda de folk republicano “A Bagunda”.

Non volo perdades!

Sessom vermute

Xantar popular en prol do IV encontro feminista

Estase a fornear o IV Encontro Feministas Autònomas da Galiza: “Contra as violencias machistas, iniciativas feministas” que terá lugar no mes de Febreiro en Vigo.

Co motivo de recadar cartos en prol da súa organización, convidámosvos a participar o domingo 31 de Xaneiro no xantar popular que terá lugar no C.S.A. A Cova dos Ratos (R/Romil 3, Vigo), a partir das 14h. O prezo do menú será de 3.5 euros, (1º  e 2º prato + sobremesa), agradecemos a realización da inscripción previa para facilitar a preparación do xantar.

¿Ídelo perder? Anotádevos axiña mandando un mail a:

encontrosfeministasgaliza@gmail.com

e convidade as vosas colegas!

CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS, 

INICIATIVAS FEMINISTAS! 

Blogue: http://feministasautonomasgaliza.blogspot.com.es/

Evento facebook: https://www.facebook.com/events/1087448737955320/

bruxas_cat (1)

 

Xantar popular pra despedilo 2015

O 2015 xa marcha!

Despois de moitos dia de actividades e traballo colectivo no Centro Social Autoxestionado A Cova dos Ratos, imos despedilo ano en irmandade. Como ten que ser, en irmandade e arredor dunha mesa con deliciosa rica vegana.

Non o dubides! o domingo 20 de Decembro, ven as 1430 a celebrala festa da autoxestion na Cova dos Ratos. Dous pratos e sobremesa por 3,5 euros e a vontade.

No 2016 seguiremos construindo a alternativa social na Cova dos Ratos.

xantar popular findeano

Sesión “Vermut” (sen vermut) en prol “As Ghatas Salvaxes”

Cartaz Vermut

Que che apetecería facer un sábado pola maña?

O bo tempo xa comezou!! e que mellor que comezala xornada cun bo aperitivo antes de aproveitalo sol e o aire libre.

O ghrupo de axitación teatral “As Ghatas Salvaxes”, convídanos a unha sesión matinera pra disfrutar da maña con deliciosos “pinchos” e gozar co noso artista convidado “DISLEXEI” que virá para amenizar a sesión con música e maxia.

O Sábado 27 de XUÑO ás 11:30 am ata as 14:30 no C.S.A. “A Covas dos Ratos”.

Esperamos contar coa vosa especial PRESENZA.

Exposición e xantar popular en prol das “Ghatas Salvaxes”

Esperámosvos!! O Sábado 9 de Maio ás 14:30pm no C.S.A. “A Covas dos Ratos”, por un xantar polular en prol de “AS GHATAS SALVAXES”.

O Ghrupo de Axitación Teatral “As Ghatas Salvaxes”,  ten o pracer de convidarvos á Inauguración do Certame de Ilustracións adicado á busca do logotipo do ghrupo.  Organizarase un Xantar Popular onde exporanse todos aqueles deseños que participan no certame.

Ficariamos moi agradecidxs de contar coa vosa presenza, xa que vós tamén formaredes parte importante do proceso de selección co voso voto ó que podería ser o deseño gañador. 

“As Ghatas Salvaxes”, arte e acción política

Colectivo de creación de accións escénico-reivindicativas

11036646_10152908386522972_8381088107199036908_o