venres 28 de abril as 21 horas, presentación do libro “Polifonia amorosa” de Laura Latorre Hernando

Cartel Polifonía Amorosa“Repensar o amor. A arte de relacionarse”. Presentación do libro: Polifonía Amorosa, de Laura Latorre Hernando. Vernes 28 de Abril ás 21h.

Este é un libro que narra diferentes experiencias amorosas de persoas que se tentan afastar da violencia e explorar prácticas máis libres nas súas relacións. Un libro de fición baseado en relatos extraídos de entrevistas realizadas en Madrid, Cidade de México, Oaxaca, San Salvador, Cidade de Guatemala, Bogotá, Montreal e Bos Aires. Nun mundo onde a idealización, os mitos e a violencia baleiraron de sentido palabras como amor, liberdade, relación ou cidadán, esta recopilación pretende mostrar os desexos, dores, emocións e contradicións que atravesan as nosas relacións reais. É un conxunto heteroxéneo de historias escritas empregando diferentes xéneros literarios: cartas, relatos, conversacións, monólogos…, e que respeta a lingua vernácula das personas entrevistadas. Unha interesante incursión ó difícil arte de relacionarse. Polifonía amorosa é o froito tanto das miñas experiencias persoais como profesionais. É o resultado dunha escoita moi atenta, xa sexa nas entrevistas que realicei e nos obradoiros que facilitei, como nos milleiros de conversas sobre o amor que mantiven coas miñas amizades.

Laura Latorre Hernando. Diplomada en Educación Social e en Terapia Narrativa. A súa traxectoria profesional encamiñouse cara a intervención, dende unha perspectiva feminista, para cuestionar e erradicar a violencia contra as mulleres. Nos últimos años dedicouse a facilitar espazos formativos para repensar o amor e desfiar a violencia das relacións tanto en México como en Uruguai, Chile e Arxentina.

Advertisements

COMUNICADO

Estes días houbo un par de anécdotas dentro do ‘mundo vegano’ que desde A Cova dos Ratos cremos necesario comentar.
Nós somos un centro social vegano. Fomos, somos e seremos un espazo onde non servimos nin permitimos que se consuman productos de orixe animal. Vivimos o especismo tódolos días, e nós queremos ter o noso pequeno recuncho no mundo onde non haxa cabida para este tipo de productos, cuxo consumo consideramos non ético pola opresión á que se ven sometidos tódolos animais de consumo. Polo tanto queremos mandar o noso apoio aos compañeiros de El Vergel en Tarragona, sometidos estes días a duras críticas por lle comunicar a unha nai que non estaba permitido ter leite de vaca dentro do seu local.
Asemade queremos reiterar a nosa aposta polo veganismo como modo de vida. Consideramos que, se un local asume a etiqueta de vegano, está facendo disto un acto político. Polo que rexeitamos que poida haber locais que usen esta etiqueta de vegano como reclamo comercial, mentres ofertan productos de orixe animal como carne de porco.
Queremos deixar constancia que en Vigo, polo que coñecemos, hai dous espazos veganos que oferten comida: A Cova dos Ratos e Bambú. Se alguén máis coñece outro, agradeceríamos que o comentase para deixarnos constancia.
Un saúdo.

Xoves 30 de Marzo: proxección documental “Señora de”

 

 

17310129_1229873070459537_955838732492667377_o“Señora de” é un documental que a través de testemuñas actuais fai panorámica sobre unha realidade non tan afastada: ser muller baixo o férreo patriarcado franquista. Mulleres de diversa orixe social e sorte na vida, fan memoria de como o machismo lles impoñía, moitas veces do xeito máis cruel, o que podían ou non facer nas súas vidas privadas e públicas, tanto nos aspectos políticos, laborais, domésticos como ate o sexual-reproductivo.

Dende A Cova dos Ratos e A Casa Colorida queremos convidarvos os días Xoves 30 de Marzo e Domingo 2 de Abril (20:30 e 20), a revisar este filme do 2010 dirixido e escrito por Patricia Ferreira. Achegarse a este documental (3º premio na SEMINCI de Valladolid), permitiranos coñecer e reflexionar sobre a inhumanidade do franquismo e o patriarcado; tanto nos aspectos que imos superando como aqueles que, dun xeito e outro, aínda perviven na nosa sociedade e cultura.

Entrada gratuíta, pasarase o bote para colaborar coa modesta pero valiosa produción de O Raio Verde.

 

Presentación Distribuidora Anarquista Polaris. Venres 24 de Marzo ás 19h.

 

A Distribuidora Anarquista Polaris é un proxecto afincado en Pontevedra,  autónomo, anticomercial e antiautoritario de edición e distribución de materiais escritos que traten as loitas anarquistas e/ou anticapitalistas e que aborden a realidade desta sociedade de dominación e control cunha perspectiva crítica e rupturista. O seu obxectivo é fomentar o pensamento crítico, enriquecer o debate e axudar a espallar ideas e materiais que consideramos útiles ou interesantes para o desenvolvemento das loitas das que formamos parte. O proxecto funciona baseándose na ética do Faino Ti Mesmx e tentando fuxir das lóxicas mercantilistas, non considerando a propaganda e os textos que manexa coma mercadorías ou como propiedades, senón coma ferramentas que deben ser comúns e libres. Por iso, aínda que por razóns de subsistencia do proxecto nos vexamos obrigades a cobrar unha cantidade simbólica polos materiais físicos que permita seguir facendo copias, todos os textos que editamos atópanse no noso blogue para a súa descarga gratuíta. Para máis información da Distribuidora Anarquista Polaris e para atopar e descargar as publicacións que editamos, podedes consultar o blogue aquí: https://distripolaris.noblogs.org

O próximo venres 24 de marzo ás 19:00 no C.S. A Cova dos Ratos  presentarase o proxecto e tamén se presentarán algunhas das publicacións editadas. Haberá tamén un posto con material da distribuidora para poder adquirir en formato físico. Por suposto, estaremos abertas a propostas, críticas, comentarios e achegas que desexedes facer.

Para poñervos en contacto coa distri: distripolaris@riseup.net

Agardamos vervos alí!”

Cartel Xornada Cova ben

mércores 15 de marzo presentación proxecto O Salto

Imaxe

 

O Salto Galiza é un novo proxecto informativo que xurde da unión de
diversas individualidades e medios alternativos. A nivel estatal máis
de 20 medios se unen para lanzar El Salto Diario nunha iniciativa que
pretende contruir un grande medio financiado pola xente (sen
publicidade das grandes empresas nen da banca) horizontal e
descentralizado. Durante este mes apresentarase o número 0 da
publicación en papel, mais o proxecto ainda está en marcha e ten
previsto o seu lanzamento en Maio (contará con radio e TV). Para
facelo sostíbel necesitamos socixs. En Galiza precisamos 500
suscriptorxs.

A3_vigo

venres 17 de febreiro cineforum diversxs especial entroido

16708730_1182449945208516_3303026643829957168_n

O filme elexido deste mes é todo un clásico:
“The Rocky Horror Picture Show” 1975, Reino Unido. Dirixida por Jim Sharman e baseada no musical The Rocky Horror Show, de Richard O’Brien,.
A película non tarda en ser obxecto de culto e pasar a historia sendo aínda exhibida en cines onde se montan auténticas festas en torno o filme, perfecta para o mes do entroido 😉
E nós non ibamos a ser menos, ofrecemos un visionado interactivo onde vos invitamos a vir disfrazadxs co personaxe que queirades e durante a proxección teredes unha serie de obxectos que iremos utilizando o longo da peli.
Sinopse: é unha película sobre unha parella que, tras una avaría no seu coche, vese obrigada a pasar a noite na mansión do Doutor Frank-N-Furter que festexa a convención de transilvanxs con motivo da creación da súa criatura, Rocky Horror, un home perfecto do cal “medio” cerebro pertence a un delincuente xuvenil
Actividade de balde organizada pola Asociación Nós Mesmas coa colaboración da Cova dos Ratos. Unimos sinerxías para ofrecer un espazo, unha vez ó mes, onde proxectar filmes diversxs e poder comentar nun coloquio posterior.