Proxección “B, la pelicula”, mércores 9 ás 2030

Este mércores 9 de marzo, ás 20:30 proxectamos “B, la película”. Un filme dirixido por David Ilundain, que precisa poucas presentacións, é sinxelamente unha representación fílmica dunha verdade incómoda para algúns: a comparecencia xudicial de Luis Barcenas no xuizo en que se investiga a financiación ilegal do maior partido político de España, o Partido Popular.

b

Proxección, “Fargo”, no ‘Cine Clube -100’

O mércores 2 de Marzo, as 20:30, teremos outra sesión do ‘Cine Clube -100’. Nesta ocasión proxectarase o filme que consagrou aos irmáns Coen como maestros do cine actual americano, o thriler policiaco “Fargo”

Sinopse: Marge Gunderson é a xefa de policia dunha pequena localidade do profundo oeste americano. Marge esta embarazada e desexando descansar, pero ainda así terá que cumplir co seu deber e investigar tres brutais asesinatos acontecidos na súa pequena vila.

fargo

 

 

Ciclo de documentais de Febreiro

Nos martes restantes do mes de Febreiro, as 21:15, proxectaranse unha serie de documentais relacionados con diversos temas:

  • Martes 9.  Audicion do radio-teatro ‘Pum Pum. Quien es? La Policia’. Obra realizada pola companhia ‘Titeres desde abajo’. Recentemente detidos en Madrid acusados de ‘apoloxia do terrorismo’, cando realizaban unha actuacion de critica e satira pondo de manifesto os mecanismos que emplea o Estado para reprimir as persoas que loitan.
  • Martes 16. Proxeccion do documentario ‘La noche tematica. Comida irradiada’. E un dos segredos mellor guardados da industria alimentaria: nuggets, salchichas de polo, legumes, froita tropical,…alguns dos nosos alimentos son irradiados (Hoxe en dia a comida envasada e irradiada en todo o mundo). Oficialmente faise polo noso ben: a radioactividade e eficaz para matar bacterias. Pero esta tecnoloxia pode ter efectos secundarios para a saude.
  • Martes 23. Proxeccion do documentario ‘Food matters’. Entrevistas a medicos, cientificos, nutricionistas, naturopatas e periodistas, no que se exponhen a importancia da nutricion como base da saude e como principio de sanacion da enfermidade, ademais de cuestionar a industria farmaceutica.

escanear0001

Proxeccion, ‘Metropia’, no ‘Cineclube -100’

Voltan as sesions do ‘Cineclube -100′ na Cova dos Ratos. As mellores peliculas, de todos os tempos, en todolos idiomas, de calquer estilo, pero que tenhen en comun durar menos de 100 minutos.

Este mercores, 10 de Febreiro, as 20:30 proxectarase ‘Metropia’. Un thriller de ciencia ficcion, feita cun singular estilo de animacion na que actores reais(Vincent Gallo, Juliette Lewis,…) son capturados para dar vida as personaxes deste delirante distopia.

Sinopse: Nun futuro non moi lonxano, pero no que xa se esgotou o petroleo, toda Europa esta conectada por un sistema de metro ultra rapido que a converten nunha unica metropole habitada por cidadans sumidos na disciplina laboral, o consumismo e entretenimento televisivo. Roger de Farsta e un anodino oficinista que ademais de preferir a bici ao metro, comeza a sentir voces no seu interior que lle fan cuestionarse o control que sinte sobre a sua vida.

metropia

NOVEMBRO AUDIOVISUAL NA COVA DOS RATOS

NOVEMBRO AUDIOVISUAL NA COVA DOS RATOS DE LOITAS CONTRA A INDUSTRIA MINERA E PO-LA DEFENSA DA TERRA E XS SÚAS/SEUS HABITANTES (contra un sistema que depreda, esclaviza e destrúe a vida libre e atrapa e devora todo ao seu paso).

Xoves 19 de novembro:
“Huicholes, os últimos guardáns do peyote.”
Documental sobre o caso da defensa de Wirikuta, territorio sagrado da etnia Huichol, ante a ameaza da explotación minera.
Este pobo orixinario emprende unha cruzada espiritual para protexer a vida, poñendo en evidencia as contraccións internas do mundo materialista no que vivimos.
Seguimos aos Huicholes nesta peregrinación ritual  hacia Wirikuta, terra onde crece o peyote, elemento central da espiritualidade wixárika como vía de acceso ao diálogo cxs deusxs.
De concretar os traballos de explotación, a industria minera, contaminaría e destruiría Wirikuta, convertindo ésta, nunha terra estéril e inhabitable, e destruíndo tamén a identidade deste pobo.
Xoves 26 de novembro:
“Hambach”
O bosque de Hambach (Hambacher Forst, perto da cidade de Colonia en Alemania) permanece okupado dende fai anos por activistas que loitan contra a súa destrucción po-la industria minera. No seguinte documental poderemos ver xs compañeirxs compartindo as súas impresións sobre a loita, a importancia da mesma, o seu día a día, os seus sentimentos ante a destrucción dun espazo natural tan valioso, a impotencia, a raiba e a esperanza.
cartel cova docus novembro

Proxeccion documentario ‘A espera de juicio’, sabado 7 de novembro

‘A Espera de juicio’ é unha reportaxe sobre a montaxe xudicial, policial e mediática á que activistas en defensa dos animais en España tiveron que enfrontarse pola súa investigación da industria peleteira.

Proxectaremos a reportaxe na Cova dos Ratos o sábado 7 de novembro ás 21.00h e virán a falar e a intercambiar opinións sobre o sucedido Olaia Freiría e Sara Lago, implicadas directas no caso.

cartaz docu1

 

Proxeccion ‘Culturas da Resistencia’

O xoves 23, as 21hrs., proxeccionn de docu en Cova
“Culturas de Resistencia” (Documental de Iara Lee que foi filmado en París, Argentina, Colombia, Nueva York, Brasil, Congo, Nigeria, Ruanda, Irán, Siria, Palestina, Líbano e Irak entre o 2003 e 2010. Trátase dun percorrido que da voz as movilizacións, a sociedade común e sobre todo as/aos artistas que de diversas maneiras expresan unha cultura de resistencia a guerra, en busca da paz.
– Río Xingú. Resistencia en el Amazonas (Brasil).
– Nigeria. Fuego en el Delta.
– Congo (RDC). Una violación a la tierra y a la gente.
– Liberia. Mujeres haciendo la Paz.
– Ruanda. Reconstrucción post-genocidio.
– Irán. Rebelión y Reacción.
– Siria. Cultura intifada.
– Palestina. Levantándose contra la ocupación.
– Brasil. Transformando pistolas & barrios.
Cultures of Resistance

Proxeccion xoves 24 (20:30 h.): ‘il conformista’ (B. Bertolucci)

‘il conformista’ (1970), e a primeira gran obra do monumental cineasta italiano Bernardo Bertolucci.

Neste filme de 108 minutos, B. Bertolucci colle a novela homonima de Alberto Moravia, para levarnos aos anos do fascismo italiano na personaxe de Marcelo Clerici (J-L. Trintignant) un filosofo ao servizo da espionaxe de Mussolini.

conformista

Xoves 17: Proxeccion do documentario ‘Septiembre del 75’

Neste 27 setembro cumpriranse 40 anos dos derradeiros asasinatos do estado franquista.
A pesar das denuncias de organizacións internacionais e o clamor de xentes dentro e fora de Espanha, o agonico rexime criminal de Franco decidiu culminar a sua historia sanguinaria fusilando a tres membros do FRAP (Ramon Garcia Sanza, Humberto Baena e Jose Luis Sanchez Bravo) e dous da ETA (‘Txiki’ e Angel Otaegui).
Neste setembro de 2015 (cando o actual estado espanhol ainda non fixo xustiza neste asasinatos de estado, nen sequera reparou a memoria destes loitadores contra o fascismo) as companheiras de Vigo (como noutras localidades de Espanha), organizadas na ” Comision 27 de Setembro – Vigo” organizaran varios actos de homenaxe e revindicacion.
Un deles sera a proxeccion do interesantismo e apaixoado documentario dirixido por Adolfo Dufour no 2009 (segundo premio da seccion oficial da Seminci de Valladolid) “Septiembre del 75”.
O xoves 17 no CSA ‘Cova dos Ratos’, o sabado 19 no CSOA ‘Quinta da Carminha’ e o Xoves 24 no Club Social ‘Charenton’ (todas as proxecions as 21 horas)
cartaz proxeccion 27 s

O xoves 18, proxeccións “As Ghatas Salvaxes”: “SHORTBUS”

O xoves 18 de Xuño ás 21:00h no C.S.A “A Cova Dos Ratos” arrinca a 6ª das Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”.

“SHORTBUS” é unha largometraxe americana do director John Cameron Mitchell, nacido en 1963 en El Paso, Texas (EEUU).

O filme fala de como varios mozxs de Nova York encóntranse nun abxecto salón underground, onde se atopan con situacións cómicas e tráxicas incluíndo amor, música, política e sexo.

Sofía é a terapeuta sexual que nunca tivo un orgasmo e, por iso, finxiu durante anos co seu marido, Rob.  Ela coñece a Severin, unha “dominatriz” que intenta axudala. Entre xs clientes de Sofía está a parella gay James e Jamie, que comeza unha relación aberta con Ceth.

Basicamente, tratase dun filme onde toda unha serie de persoaxes exploran sen complexos os placeres carnales nunha cita semanal chamada Shortbus, onde o carnal no é máis que unha forma de achegarse ás súas emocións máis profundas.

Estades todxs convidadxs a ver e debater sobre a reconciliación cos intercambios intelectuais, os praceres e os sentimientos.

proxeccion xuño