PRESENTACIÓN E LANZAMENTO DO LIBRO ‘ALIMENTACIÓN HOLÍSTICA’

O venres 12 de Febreiro, as 20:30, na Cova dos Ratos realizarase a PRESENTACIÓN E LANZAMENTO DO LIBRO ‘ALIMENTACIÓN HOLÍSTICA’ da escritora Gloria Pérez

GLORIA PÉREZ, ou gloryamor11.11, autora dos libros ‘Grazas Esclerose Múltiple’ e ‘O meu regreso a casa’, é naturópata, especialista en dietética e nutrición. Cursou Bioloxía na Universidade de Vigo e, posteriormente, se diplomó en Ciencias Económicas e Empresariais na mesma Universidade, para terminar a súa licenciatura na UNED.

Como ela mesma di, tras a súa andaina polo mundo da ciencia, unha enfermidade, ESCLEROSE MÚLTIPLE, diagnosticada no ano 2.004, levouna ao mundo da espiritualidade e do medicamento natural, especializándose entón en Dietética e Nutrición, Naturopatía, Flores de Bach, Reiki, Fitoterapia, Meditación, Sahaja Ioga, e un longo etcétera dentro da ampla gama do mundo natural.
Actualmente exerce como Naturópata no seu pobo natal, Gondomar, da provincia de Pontevedra e considérase unha persoa afortunada porque grazas a todo isto chegou a coñecer O AMOR.

Cova dos ratos2

BLOG http://gloryamor11-11.blogspot.com.es/

 

Presentación do libro: “Todos con Vigo: mobilización obreira e folga xeral (1962-1972)”

O sábado 23 de xaneiro ás 20:00h. no CSA “A Cova dos Ratos” Presentación do libro:

“Todos con Vigo: mobilización obreira e folga xeral (1962-1972)” 
co seu autor Isidro Román Lago.
Editado pola Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo

“Dende o noso punto de vista na Folga Xeral de 1972 cristalizan en Vigo todas as experiencias de loita, de debate interno, de agrupamento e segregación que o movemento obreiro vigués viña de desenvolver dende 1962. Isto é, os sucesivos episodios de moiblización e reagrupamento desembocan na gran moblización de 1972. “

Editado pola Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo

Oraganizan: Lapsus Distribuidora e Grupo Axitación Social

todos con vigo 23-01-16

 

Hildegardt na Cova dos Ratos

As Ghatas Salvaxes [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] organizan xunto co C.S.A “A Cova Dos Ratos” e o Ateneo Ferrolán Hildegart, retrospectiva arredor da figura de Hildegart Rodriguez Carballeira. A actividade terá lugar no C.S.A “A Cova Dos Ratos” e contará cos seguintes eventos:
Exposición Permanente e Punto de venta de libros, do 12 de Febreiro ó 12 de Marzo
Acto de inauguración, xoves 12 de Febreiro ás 20h a cargo de Fernando Rivera, Bibliotecario do Ateneo, que nos falará do interese e obxectivos da exposición, así como do traballo desenvolto durante estes anos polo Ateneo e a situación de risco que se atopan na actualidade para levar a cabo as súas actividades.
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” [Cine Forum], xoves 19 de Febreiro ás 20:30h Mi Hija Hildegart (1977, Fernando Fernán Gómez)
Conferencia Acto de clausura, a cargo de Jose Mnuel Pelaez [por confirmar]
hildegartproxeccións as ghatas salvaxes

“O feminismo precisa de todas”

DEF
A “Assembleia Feminista Galega”, que em xullo do 2014 saiu á rua por primeira vez, fará unha presentación o sábado 22 de novembro no C.S.A “A Cova Dos Ratos”, baixo o título “O feminismo precisa de todas”.
As compañeiras Olaia Chaves e Helena Embade lerán un manifesto, que tratará sobre o que somos, como nos organizamos e o porque da asemblea. Todo isto com umha breve montaxe de fotos das accións feitas até o mes de outubro.
Reivindicamos ante todo o feito de nos autoorganizar para combater un sistema hetero-patriarcal que nos oprime e nos asasina polo simple feito de sermos mulleres.
Por iso e por muitos máis motivos, “O feminismo precisa de todas”, é unha mensaxe clara e concisa que lanzamos a todas as mozas e mulleres que ainda non están na luita para que se animen e se unan a nós.
Acode e participa!
AVANTE A LUITA FEMINISTA GALEGA!

Xornada de BuracoEditora

O vindeiro venres 12, a partir das 19:30, na Cova dos Ratos, polifacética xornada  da man de BuracoEditora: proxección da cutametraxe “Doppelganger. El que camina al lado”, presentación do libro “Sombra e subcultura. Singular analisis subcultural para un devenir anormal”, charla debate e prexentación do proxecto colectivo e colaborativo BuracoEditorial.

A COVA DOS RATOS+info

 

“CICLO PARIAS”, historias e música popular dende a Arxentina

cartel ciclo parias cova imagenO 26 de xullo, a partir das 22 hrs, na Cova teremos a oportunidade de achegarnos á Arxentina viva, alternativa e loitadora co “Ciclo Parias”:

Presentación do libro “El barrio obrero conocido como Villa 21-24 Zavaleta: una historia de dificultades, luchas y conquistadoras”

– Seguido do corto documental “¿Que ves cuando me ves?“,

– para rematar un concertiño das máns e voz de “Dos parias“.

Presentación: “A batalla das pensións” de Xabier P. Davila

cartaz batallaO próximo venres 30 de maio ás 20:00h no Centro Social A Cova dos Ratos de Vigo (Rúa Romil 3) presentarase o libro “A BATALLA POLAS PENSIÓNS (1981-2013) De como a clase capitalista quere privatizar os bens comúns e de como as clases traballadoras se opoñen. de Xabier Pérez Dávila. O acto contará coa presenza do autor e de Miguel Mosqueira en representación de Estaleiro Editora.

“Os medios de persuasión de masas difunden sen descanso a verdade incontestável. As sociedades europeas non se poden permitir o mantemento de onerosos sistemas de protección social.

No entanto, existe unha narración alternativa. Os sistemas de protección social, como o recoñecemento dos dereitos das mulleres, ou como a acumulación do coñecemento científico, son conquistas da civilización humana, irrenunciábeis, que deben ser estendidas a toda humanidade. A capacidade produtiva das sociedades humanas é incomparabelmente superior á de ningunha outra época. Porén, é o capitalismo financeirizado o que ameaza a viabilidade dos sistemas de pensións públicos. É o capitalismo financeirizado o que aumenta de xeito exponencial a inestabilidade dos sistema económico someténdoo a recorrentes crises financeiras. Estabelecer o benestar común é posíbel, mais incompatíbel coa financeirización. E, tendencialmente, tamén incompatível co capitalismo”.