Boletín actividades semanais (29-2 ata 6-3)

logocova

Advertisements

Boletín actividades semanais (do 14-2 ao 21-2)

  • de Luns a Venres, de 13:45 a 15:45, podes vir comer o “Menu do Dia” 
  • Martes 16:
  • Mércores 17:
    • ás 20:30, charla ‘Montes do Morrazo, a ameaza neoliberal e industrializadora’, con Cándido Martínez
  • Xoves 18:
  • Venres 19:
    • ás 19:30, xuntanza ‘Stop Vigo Zoo’
    • ás 21, charla ‘Serra do Galiñeiro, valores e ameazas’, con Alfonso Rodríguez.
  • Sábado 20:
    • aberto a noite sen actividade

11062779_10104094906541269_672463519870571229_n

 

 

Concentración de apoio a Rede de Solidariedade Popular de Vigo

Na Cova dos Ratos poñemonos ao lado da Rede de Solidariedade Popular de Vigo.

Esta organización de cooperación e acción directa contra os efectos da crise e os seu causantes, leva anos rehabilitando e empregando como centro social un vivenda abandoada na Avenida da Hispanidade. Agora afróntase a unha ameaza de desaloxo.

Dende a Cova pedimos a vosa participación e solidariedade coas compañeiras da RSP. Acudide a concentración que se fara ás portas do CSOA da RSP (Avd./ Hispanidade 73) o mércores 17 entre as 17 e 18:30 horas.

11150743_477257642425788_2048584306150662316_n

A Cova dos Ratos pide a liberdade inmediata pra os titiriteiros detidos pola Audiencia Nacional

Desde A Cova dos Ratos queremos amosar o noso total rexeitamento ás detencións dos titiriteiros en Madrid.

Consideramos inadmisible, antidemocrático e propio dunha ditadura que haxa persoas que poidan ser encarceladas polo feito de realizar unha obra de títeres na rúa.

Amosamos a nosa total repulsa tamén pola decisión do xuíz Ismael Moreno do arresto dos titiriteiros (xuíz investigado hai anos pola súa etapa como policía e cuestionado polas súas extrañas accións) e por ser un títere máis deste teatro de manipulación que estamos a vivir nestes últimos anos.

Queremos aproveitar tamén para desmentir a meirande parte da información que está a saír nos medios de comunicación. Nin é unha obra que faga enaltecemento do terrorismo nin é una obra para cativos, é calificada pola Compañía Títeres desde Abajo como teatro popular.

Queremos mandar ánimo aos compañeiros arrestados e agardamos que a situación se resolva o máis rápidamente posible e que os encargados desta detención asuman as súas responsabilidades por esta barbarie.

11062779_10104094906541269_672463519870571229_n

 

Boletin actividades semanais (do 8-2 ao 14-2)

DSC04754_1200

Boletin actividades semanais (do 25-1 ao 31-1)

DSC04753_800

A Cova dos Ratos adirese ao protesto pola ‘Operacion Jaro’

TEXTO DE ADESOM PARA COLETIVOS SOCIAIS, ORGANIZAÇONS E SINDICATOS SOBRE A “OPERACIÓN JARO”.

Em 30 de outubro passado, nove independentistas galegas e galegos forom detidos pola Guardia Civil numha presunta “operación antiterrorista” e acusados de dous delitos de “integraçom en banda armada” e “enaltecemento do terrorismo” que poderiam supor anos de prisom.
As detençons estiveron acompanhadas dum importante dispositivo mediático que socializou a versom policial, condenando sem juízo prévio as nove pessoas detidas, vulnerando a sua presunçom de inocencia e ocultando o impulso político do operativo policial.
Agora, após a que se donominou Operación Jaro, estes cidadáns e cidadás galegas tenhen un processo penal aberto num tribunal de exceçom como é a Audiencia Nacional.
Além disto, a organizaçom política na que militavam, Causa Galiza, conhecida públicamente desde 2007 polo seu trabalho en favor de direito de autodeterminaçom da Galiza e da independencia nacional, foi suspendida durante um período de dous anos, o que equivale a umha ilegalizaçom de facto.

As organizaçons políticas, colectivos sociais, associaçons e sindicatos que convocamos a manifestaçom nacional “En defensa dos direitos civis e políticos para todas e todos. Nom á ilegalizaçom de organizaçons políticas” qaueremos fazer público o seguinte:

1º Exprimimos a nossa solidariedade com as nove pessoas detidas pola Guardia Civil, exigimos a retirada das graves imputaçons penais ás que estám submetidas no que é um novo caso de repressom política e denunciamos o carácter abertamente político da operaçom.

2º Exigim0s o levantamento da suspensom das atividades políticas que desenvolve a organizaçom política independentista Causa Galiza e condiçons para o pleno exercicio das liberdades de reuniom, associaçom e manifestaçom para todos os galegos e galegas. Nengumha opiniom nem ideologíaagás o racismo e o fascismo-podem ser “ilegalizadas”.

3ºDenunciamos o proceso de fascistizaçom do regime espanhol, que é manifesto nesta tentativa de criminalizar e deixar fora da legalidade o independentismo organizado, a imposiçom de normativas como a Lei Mordaça, a aplicaçom sistemática de sançons penais e administrativas ao protesto e a mobilizaçom social, etc.

4º Polas razóns arriba expostas, convocamos a sociedade galega a se manifestar no próximo 24 de janeiro ás 12:00h desde a Alameda de Compostela a, unindo numha soa voz a denuncia de todos os sectores sociais, políticos e sindicais contrários a processos e vulneraçons de direitos humanos, constitucionais e políticos como os que estamos a contemplar.

Na Galiza, em 9 de janeiro de 2015.

24jan

Boletin actividades semanais (do 18-1 ao 24-1)

logocova

Boletin actividades semanais (do 11-1 ao 17-1)

porroman