Este sábado ao medidiodía, sesión vermú coa Bagunda e comida na Cova dos Ratos

Agora a Cova tamén abre os sábados ao mediodía! Todos os sábados podes vir comer o noso rico menú vegano, pero e que ademáis este sábado, xusto antes da hora da comida haberá unha sesión vermú e ‘jam sessión’ coa banda de folk republicano “A Bagunda”.

Non volo perdades!

Sessom vermute

Advertisements

Concerto “BEN SENMEDO”, en apoio ao proxecto ‘Lázarus’

O grupo vigués de rock BEN SENMEDO dará un concerto o sábado 11 de xullo a partires das 20:00 h.

ben

O que se recade do bote será para financiar o taller de reciclaxe de ordenadores LazarusHack (http://lazarushack.piesnegros.org/ ) de software libre e en concreto dous proxectos: un supernodo de guifinet en Vigo (https://guifi.net/es ) e un servidor de Mediagoblin (http://mediagoblin.org/ ) como alternativa libre a Youtube.

Concerto participativo: ‘Cantos do mundo’

Nueva imagen
Este Sábado 23 de Maio Servando Barreiro e Lena Andrea Ullrich
invitanvos a cantar con eles na Cova dos Ratos (Vigo) ás 21.00 horas.
Con cancións de diferentes culturas, moi doadas de cantar e compartir.
Imos viaxar e saborear diferentes tradicións. Descubriremos a armonía das voces e o benestar de compartir o son.
Como de costume entrada e prezo libre. Colabora cos artistas coa aportación que poidas no seu bote.
Non volo perdades……
“Donde acaba a lingua comeza a Música”
E.T.A Hoffmann
 

“CICLO PARIAS”, historias e música popular dende a Arxentina

cartel ciclo parias cova imagenO 26 de xullo, a partir das 22 hrs, na Cova teremos a oportunidade de achegarnos á Arxentina viva, alternativa e loitadora co “Ciclo Parias”:

Presentación do libro “El barrio obrero conocido como Villa 21-24 Zavaleta: una historia de dificultades, luchas y conquistadoras”

– Seguido do corto documental “¿Que ves cuando me ves?“,

– para rematar un concertiño das máns e voz de “Dos parias“.