Xornadas “Resistindo a ocupación, sementando antiespecismo”

corrixidoevento

Xornadas “Resistindo a ocupación, sementando antiespecismo”, em prol Palestinian Animal League (PAL). Sábado 12 de Outubro de 11:30 a 18:30h.

11:30 Presentación das Xornadas
11:45h Palestra: “Por que o boicote a israel? Que podemos facer dende Galiza?” Campaña BDS  

 
Non os imos a matar de fame pero ímolos someter a unha dieta extrema de adelgazamento”. Con esta frase comezaba o bloqueo á Faixa de Gaza.
Dez anos despois, e coa complicidade dos gobernos internacionais, o inventado estado sionista de Israel segue ocupando Palestina e oprimindo ao seu pobo.
A campaña de Boicote, Desinversións e Sancións nace da sociedade civil palestina nun chamamento mundial para pedir a gobernos e empresas que deixen de permitir e colaborar cos abusos de Israel. Diversas campañas internacionais xuntan as súas forzas ante este chamamento polos dereitos humans e a fin do bloqueo, ás que se suma BDS Galiza.


14h Xantar Popular en prol de PAL
16h Proxección/Charla: “Activismo baixo a ocupación”

Charla que proxectaremos, dada por Liz Tyson, Coordinadora dos Programas “Defensa Animal” e “Activismo” de Palestinian Animal League.

 
A charla trata dos desafíos, perigos e oportunidades particulares que teñen que enfrontar as persoas que fan activismo polos dereitos dos demais animais en Palestina. Móstrase o traballo de PAL e a loita polos dereitos humanos contra a ocupación palestina como exemplos de como o movemento pola xustiza social e o activismo maniféstanse necesariamente de maneira diferente nos territorios ocupados respecto doutros lugares, e como os diferentes desafíos se combinan e interactúan entre si. O discurso trata da necesidade de considerar ambos os dous dereitos: os humanos e os dos demais animais, e trata tamén sobre se PAL pode ter éxito nunha das contornas máis desafiantes do mundo.
 
Mmmm… SÓ UNHA PROXECCIÓN? Un tema tan interesante e non teremos oportunidade de facer preguntas?”, estarás a pensar…
 
17:15h “Proxección Skype con Ahmed Safi”

Pois si que haberá oportunidade! Haberá unha sesión de Skype con Ahmed Safi, Director Executivo e fundador de PAL quen, en directo desde Palestina, responderá ás dúbidas que teñades.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s