O próximo mércores 5 de outubro, ás 20:30, xuntaremonos na Cova dos Ratos (R/Romil 3) para falar sobre os valores da Panificadora e o Barrio do Cura, asi como da desastrosa política de especulación e populismo de Abel Caballero, que están a impedir a conservación e disfrute do noso Patrimonio Cultural e espazo público.
O acto será presentado por Uxío Reinoso, historiador e “activista social” (Entremos na Panificadora, Horta Colectiva do Berbés, Cova dos Ratos,…), que ademáis de repasar os valores destes dous espazos históricos, informaranos das consecuencias das últimas sentencias xudiciais nestes ámbitos.
Despois desta presentación, abrirase o coloquio a todas as presentes, no que entre outros temas que vexamos oportunos, poderiamos analizar as estratexias do poder politico e económico no noso Casco Vello, así como artellar e desenvolver a resposta popular, para que sexa a cidadania, e non as especuladoras, a que tire proveito destes incribles espazos de oportunidade.
Achégate, seguro que tes algo que aportar!
A Cidade é nosa e non das Especuladoras!
debatepatrimonio
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s