Proxeccion, ‘Metropia’, no ‘Cineclube -100’

Voltan as sesions do ‘Cineclube -100′ na Cova dos Ratos. As mellores peliculas, de todos os tempos, en todolos idiomas, de calquer estilo, pero que tenhen en comun durar menos de 100 minutos.

Este mercores, 10 de Febreiro, as 20:30 proxectarase ‘Metropia’. Un thriller de ciencia ficcion, feita cun singular estilo de animacion na que actores reais(Vincent Gallo, Juliette Lewis,…) son capturados para dar vida as personaxes deste delirante distopia.

Sinopse: Nun futuro non moi lonxano, pero no que xa se esgotou o petroleo, toda Europa esta conectada por un sistema de metro ultra rapido que a converten nunha unica metropole habitada por cidadans sumidos na disciplina laboral, o consumismo e entretenimento televisivo. Roger de Farsta e un anodino oficinista que ademais de preferir a bici ao metro, comeza a sentir voces no seu interior que lle fan cuestionarse o control que sinte sobre a sua vida.

metropia

A Cova dos Ratos pide a liberdade inmediata pra os titiriteiros detidos pola Audiencia Nacional

Desde A Cova dos Ratos queremos amosar o noso total rexeitamento ás detencións dos titiriteiros en Madrid.

Consideramos inadmisible, antidemocrático e propio dunha ditadura que haxa persoas que poidan ser encarceladas polo feito de realizar unha obra de títeres na rúa.

Amosamos a nosa total repulsa tamén pola decisión do xuíz Ismael Moreno do arresto dos titiriteiros (xuíz investigado hai anos pola súa etapa como policía e cuestionado polas súas extrañas accións) e por ser un títere máis deste teatro de manipulación que estamos a vivir nestes últimos anos.

Queremos aproveitar tamén para desmentir a meirande parte da información que está a saír nos medios de comunicación. Nin é unha obra que faga enaltecemento do terrorismo nin é una obra para cativos, é calificada pola Compañía Títeres desde Abajo como teatro popular.

Queremos mandar ánimo aos compañeiros arrestados e agardamos que a situación se resolva o máis rápidamente posible e que os encargados desta detención asuman as súas responsabilidades por esta barbarie.

11062779_10104094906541269_672463519870571229_n

 

Boletin actividades semanais (do 8-2 ao 14-2)

DSC04754_1200