A Cova dos Ratos pide a liberdade inmediata pra os titiriteiros detidos pola Audiencia Nacional

Desde A Cova dos Ratos queremos amosar o noso total rexeitamento ás detencións dos titiriteiros en Madrid.

Consideramos inadmisible, antidemocrático e propio dunha ditadura que haxa persoas que poidan ser encarceladas polo feito de realizar unha obra de títeres na rúa.

Amosamos a nosa total repulsa tamén pola decisión do xuíz Ismael Moreno do arresto dos titiriteiros (xuíz investigado hai anos pola súa etapa como policía e cuestionado polas súas extrañas accións) e por ser un títere máis deste teatro de manipulación que estamos a vivir nestes últimos anos.

Queremos aproveitar tamén para desmentir a meirande parte da información que está a saír nos medios de comunicación. Nin é unha obra que faga enaltecemento do terrorismo nin é una obra para cativos, é calificada pola Compañía Títeres desde Abajo como teatro popular.

Queremos mandar ánimo aos compañeiros arrestados e agardamos que a situación se resolva o máis rápidamente posible e que os encargados desta detención asuman as súas responsabilidades por esta barbarie.

11062779_10104094906541269_672463519870571229_n

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s