‘Monologo do Semaforo (cultura de PAZ)’, Sabado 12 de Decembro as 21hrs.

O Monólogo do Semáforo (Cultura de PAZ)

(SÁBADO, 12 de DEZEMBRO do ano15, as 21h na Cova dos ratos)

“Tras máis de 4 anos traballando nos mellores Semáforos de Vigo, son moitas as experiencias vividas, e moitas as cousas que tenho pra contar…”

Este sábado, RenaRenato, preséntanos parte das súas ideas e do seu modo de ver a vida: positividade en estado puro, comezaremos cun monólogo de humor e coñecemento, e seguiremos cun animado debate entre as persoas asistentes.

Matemáticas e Ecoloxía, Filosofía e Pacifismo, Coñecemento e bo Humor, xúntanse para facernos pasar unha agradable noite, compartindo como mínimo, unha boa compañía.

Somos xente de transición co obxectivo da Paz global. Queremos e traballamos por un mundo mellor, e comezamos por mellorarnos a nós mesmas.

Entrada gratuíta. Saída, coma nos meus tempos de Semáforo, “á gorra”. (cadaquen aporta en función da túa valoración e das súas posiblidades)

Pásate pola Cova a escoitar, aprender e participar.

Quédate tan só co que che guste máis… e é que aínda que non queiras, diante do Semáforo, repetirás!

Estades tod@s convidad@s, ata o sábado! :o)

Como parte do Monólogo, presentaráse un novo número da (mini)revista matemática S2R de +pallaso Tururú.

+información: www.TururuVigo.blogspot.com

MONOLOGO 12D cor

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s