Búscase colectivo para organizar xantares na Cova

chamamento xantares

Como moitos saberedes, no CSA Cova dos Ratos (r/ Romil 3, Vigo), os sábados ao mediodía, acostúmanse facer xantares populares en prol de diversos colectivos que loiten por unha “boa causa” (social, política ou cultural).
Actualmente hai varios sábados vacantes. Así que moi gustosamente, estamos dispostos a acoller os xantares populares en prol dos colectivos que así o desexen, só hai un poucos compromisos:

1) A comida debe ser vegana, libre de calquer forma de explotación animal.

2) O colectivo debe ter coherencia ideolóxica coás loitas da CSA Cova dos Ratos (antiespecismo, cultura popular e libre, ecoloxismo, anticapitalismo,….)

3) Será o persoal do colectivo o ocupado de cociñar e xestionar a barra durante o obradoiro (nas primeiras ocasión acompañados por xente da Cova)

4) Ao terminar o xantar, a cociña e o resto do local debe quedar igual de como o colleu o colectivo ese día.

5) O precio do xantar popular non debe fixarse por riba de 3,5 € (podese pedir a maiores a vontade)

6) A recadación da comida vai para o colectivo, o das bebidas fica na Cova

Se no voso colectivo estades interesados so tedes que escribir aactividadescova@gmail.com para buscar a data do voso primeiro xantar popular!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s