Proxeccións do colectivo “As Ghatas salvaxes”: ‘Ilha das Flores’ e ‘O futuro da comida’

O xoves 21 de Maio ás 20:30h no C.S.A “A Cova Dos Ratos” arrinca a 5ª das Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”.

Os documentais elexidos supoñen unha crítica á realidade alimentaria na que vivimos, onde a degradación da humanidade chegou case ós seus límites.

O primeiro deles é a curtametraxe documental ‘Ilha das Flores’, unha producción brasileira de Jorge Furtado do ano 1989. O documental fala dos devires discursivos dende os cales se constrúe a realidade, por medio dunha dinámica paradoxal de entrecruces categoriais: relacións indutivas, dedutivas, históricas, xeográficas, económicas macros e domésticas. Do tomate á torre de Babel, dunha vendedora de perfumes á economía global, do troco ó capitalismo: a frialdade racionalista do discurso explicativo tratando de unir, de enlazar, de dar sentido ás posicións de todos os elementos concitados.

O segundo, o filme documental estadounidesne “O futuro da  comida”, do ano 2004.  Neste filme faise unha investigación en profundidade sobre produtos alimenticios patentados e sen etiquetar, alterados xeneticamente, que foron entrando silenciosamente nas tendas de comestibles noteamericanas dende a década pasada.

Animámosvos a vir e poder iniciar un debate sobre o custe da industria alimentaria nas vidas humanas arredor do mundo.

Ademáis, este mesmo día desvelaráse cal será o DESEÑO GANHADOR para o logho do ghrupo!!!!

ghatas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s