Xornadas Teatro dx Oprimidx / Teatro Foro

Nueva imagenDo 13 ó 16 de Novembro, o ghrupo de Axitación Teatral-Ecoar, “As Ghatas Salvaxes” organizan catro xornadas sobre o Teatro dx oprimidx. Comezan o Xoves 13 de Novembro, por volta das 20:15h no C.S.A “A Cova Dos Ratos”, Exposición-debate Aberta a cargo de Nuria Pahino.  Venres, sábado e domingo continúan as xornadas no CSOA Quinta da Carminha.

“O Teatro dx Oprimida, método teatral creado polo dramaturgo, director e pedagogo Augusto Boal a cabalo entre a década dos ’60 e ’70, enténdese como un ESPAZO DE ACCIÓN ESCÉNICA ó servizo da comunidade de cara á eliminación das relacións de poder entre grupos sociais na procura dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Teatro como arma política, por e para a comunidade, que promove a creación de espazos que faciliten o diálogo social, potencien a educación popular e incentiven a participación activa de cara a unha transformación social e política dende a base”

Nuria Pahino, activista galega, feminista e ecoloxista social. Comeza a súa formación na técnica do Teatro dxs Oprimidxs no 2009, participando en diversos obradoiros con Sandra Silvestre, Julian Boal e Olivar Bendelak. Complementa a súa experiencia coa danza, danza-terapia e clown. Nos últimos anos ten facilitado obradoros na Galiza e en Portugal para organizacións de mulleres, centros sociais e outros grupos. A compañeira, levaranos por un camiño de reflexión interna e externa cara as nosas realidades e a nosa capacidade para transformalas.

Nueva imagen3Nueva imagen2

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s