Concerto Alberto Mvundi

CARTAZ CONCERTO ALBERTO MVUNDI

Alberto Mvundi é un músico e compositor angoleño, acompañado da súa guitarra, harmónicas, percusións e voz , reinterpreta os ritmos tradicionais da súa terra, e tráenos a sonoridade da África occidental.

Presente na escena musical ibérica dende finais dos anos 90, levou a súa música ós máis diversos escenarios, dende teatros a festivais e locais de concertos.

Coas formacións “Alberto Mvundi e a turma angolo-galaica” e “Seneangola”, foi unha constante na Galiza entre os anos 1998 – 2003, con momentos emblemáticos da súa traxectoria, coma o ser elixido por Manu Chao coma teloneiro.

Tras varias maquetas e a ruptura da banda, chegou o seu primeiro disco, apadriñado polo arpista galego Emilio Cao. Despois colaboracións varias co gaiteiro Budiño entre outros artistas, lévanlle a participar na promoción do Xacobeo 2004 -Ano Santo Compostelán.

O 2006, é un ano clave na súa traxectoria, co mecenazgo de Pancho Salmerón, grava en Lisboa o seu disco “Musseque”, baixo a dirección musical do percusionista angolano Joao Ferreira, traballo co que máis identificado se sinte; o disco é presentado no Festival MusidanÇas de Lisboa, dirixido pola artista caboverdiana Sara Tavares.

Nese mesmo ano muda a súa residencia a Andalucía, onde a súa música se enriquece co contacto con outros ritmos e músicos nómadas coma el.

Moi activo nos escenarios andaluces, ten a súa residencia entre Galiza e Andalucía.

Paralelamente a esta actividade musical, nestes anos ten colaborado con diversas ONG´s e centros educativos, en campañas de sensibilización, de acercamento a África -en concreto a Angola-, e concertos didácticos en colexios.

Este verán 2013 xirou en concerto por España, Portugal e Francia, destacando a participación xunto ós Skatalites- mítica banda xamaicana, pioneira do ska- ós que teloneou no Enadobo Festival este pasado 22 de agosto.

A música de Alberto Mvundi está dispoñible en IVOOX, como descarga gratuíta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s